Saturday 26 May 2007

CAN I HAVE A WORD?

Unha interesante iniciativa da fundación británica Barbican é Can I have a word. Trátase dunha serie de recursos na rede para potenciar a escritura creativa en secundaria. Está organizado ao redor de catro grandes temas: segragación e racismo, a Odisea, os catro elementos e o corpo humano. Permite oir a poetas británicos novos, e proporciona actividades interesantes para descargar e traballar na aula, por exemplo pódense descargar os textos dos poemas ao tempo que escoitamos aos autores recitar. Obviamente está en inglés, pero recomendamos botar unha ollada á sección TopTips (consellos) no menú da esquerda, que calquera entenderá, e por suposto e moi especialmente, as atractivas animacións para cada un dos temas propostos. A finalidade, aparte do evidente pracer estético, é proporcionar ao alumnado o vocabulario máis axeitado e preciso para unha mellor competencia á hora de escribir sobre estas cuestións. Unha idea imaxinativa.

2 comments:

Anonymous said...

Non sabedes a envexa que me dades de poder seguir en contacto co alumnado, de veras paga a pena, tamén reflexionar cos compañeiros que modelo de centro e docente demanda a sociedade. Agora estou noutra labor, pero non pensedes que me esquencin dos anos pasados exercendo a docencia, espero que contedes conmigo para todo o que necesitedes. Sigo na creencia que temos a profesión máis estupenda e que poder participar conscientemente no proceso educativo. Ernesto Sábato dí:"A educación é o menos material que existe, pero é o máis decisivo para o porvir dun pobo, xa que a súa fortaleza espiritual" Adiante que queda moito por facer.

MESTURAS said...

Grazas por esta visita, compañeira. Xa sabes que estás na túa casa.
bicos e sorte

Related Posts with Thumbnails