Tuesday 20 October 2009

Andadeiras

Queremos presentar aos visitantes de Mesturas as Andadeiras. Están inspiradas nos Facilitadores, unha idea da Biblioteca da Escola Secundaria de Campo Maior en Portugal . Nós traducímolas, e deseñamos un formato diferente, suprimimos algunhas, de momento, e engadimos outras. Quedan varias Andadeiras máis por incorporar. Entre outras cousas, porque acordamos que o alumnado de TICS de 1º BAC preparará algunhas directamente relacionadas coas utilidades e ferramentas que están aprendendo a utilizar e que serán de moito proveito para tod@s nós. De momento aquí tedes as primeiras. Podédelas consultar, descargar, imprimir... Cónstanos que algún profe xa as está a recomendar. Esperamos que vos axuden.

andadeiras

3 comments:

olga said...

Paréceme unha aportación brillante. Nenos e nenas precisan de todo esto... que damos por suposto. Se cadra, tamén nós.
Parabens @s autor@s, inductor@s e divulgador@s.
Pola miña banda dareille toda a difusión posible.
Grazas.

Bibliomanía said...

Unha boa escolleita que resulta fundamental ter en conta para ANDAR pola vida, non só académica.

Maria said...

Moitas grazas por disponibilizardes este grande e útil traballo; hai tempo que comecei a facer algo similar, partindo da mesma fonte, mais problemas familiares foron ralentizándoo e agora, definitivamente queda parado e enlazarei no noso blogue o que xenerosamente oferecedes.
Forza!
Maria

Related Posts with Thumbnails