Thursday 15 October 2009

Unha de ovos ou a desgraza de ser “galiña batería”

 

Xa sabemos que todo leva o seu tempo e que andamos a cen por hora a maioría das veces. De todos os xeitos é importante estar medianamente ben informad@s para que as nosas decisións sexan, na medida do posible, realmente nosas. Pois ben, centrémonos no tema de hoxe. Que non come ovos con frecuencia? Realmente son un manxar pero… pensamos algunha vez nas galiñas que os “fabrican”? Tedes oído falar das chamadas galiñas batería?. Non? Pois recomendámosvos esta ligazón. Non vos levará moito tempo e comprenderedes a razón da nosa proposta. Polo tanto, se queredes evitar o consumo deste tipo de ovos, tedes que mirar a primeira cifra do código que aparece en calquera ovo que consumades. Se é un 3, coma o ovo do exemplo, é exactamente así  como o ovo que imos comer foi producido. Se é un 2, practicamente tamén, aínda que os animais están amontoados no chan e non en gaiolas. un 0 ou un 1 son, sen dúbida a mellor opción. Comentádeo na casa. Informémonos ben do que estamos a comer.

3 comments:

Ronsel said...

Buuuufffffffffff! teño a sorte de comer "ovos da casa"!

sorprendida said...

que horror!!!. Eu tiña o frigorífico cun montón de ovos que levaban un 3 enorme ao principio da serie. Xa sei que as galiñas non espertan moitos sentimentos de amor e empatía, pero aínda así...

Oki said...

Pois eu tamén mirei as caixas das ultimas veces que comprei ovos e TODAS eran de galiñas criadas en jaulas...

A próxima vez vou mirar o número en vez do tamaño do ovo. Que tolería!!!

Related Posts with Thumbnails