Hoxe queremos recomendar a excelente colección Un Libro, un CD, Ed Kókinos que ofrece tres repertorios de cancións populares infantís en tres preciosos volumes ilustrados, con texto bilingüe, acompañados por un CD no qu
e se recollen unha trintena de cancións.Os seus títulos: Á sombra da oliveira (adicada ao Magreb e con textos en árabe e español), Cancioneiro infantil do papagaio . (cancións de Brasil e Portugal, en portugués/español) e Cancións infantís e nanas do baobab (adicada á África negra e con textos en español e nunha decena de linguas africanas). A profesora de música está encantada e pensando en todas a cousas que poderá facer con ele
s.Ao final do libro todos os textos das cancións están comentados, explicando os seus referentes culturais, Por exemplo: ulah xaulah .
"Esta canción de berce de refinadísima melodía cántase dun xeito semellante á música árabe andaluza. O arrolo da nai, xunto coas palabras amorosas e repetitivas en forma de ladaíña, envolven ao neno en caricias..."







1 comment:
A verdade é que polos vosos comentarios e o que se pode escoitar, realmente parece unha excelente recomendación da que tomamos nota.
Bicos Charo!
Post a Comment