Queremos poñer ao voso dispor a última obra de Naomi Klein A doutrina do Shock. Obra documentadísima na que ofrece as súas conclusións tras numerosas entrevistas e investigacións levadas a cabo nos últimos catro años. A súa principal conclusión é que o neoliberalismo salvaxe vai a miúdo da man de políticas gobernamentais afíns e pode chegar a utilizar desastres de todo tipo, naturais ou terroristas, como combustible da súa voracidade nos momentos en que as poboacións se senten máis indefensas.
A súa tese é que do mesmo xeito que tras un duro interrogatorio os prisioneiros quedan en situación de desorientación e vulnerabilidade extremas e dispostos a colaborar, igualmente as poboacións aterrorizadas estarían dispostas a seguir a aqueles individuos que aseguran ser os únicos apropiados para salvalas. Serían estes os mellores momentos para modelar as sociedades segundo os seus intereses. Temos o libro do trinque, recén traducido e adquirido, o aspecto é impresionante pola extensísima bibliografía e documentación. Moi interesante, provocador e sen dúbida polémico, como tamén o foi No Logo, o anterior traballo desta activista canadense . A teoría de Klein sobre como avanzou o capitalismo global ata a súa agresiva fase actual impactou a Alfonso Cuarón, o director do inquedante filme Fillos dos Homes. Cuarón realizou unha chamativa curta de seis minutos, presentada no festival de Venecia e que ten gran forza visual, na que Naomi Klein resume a súa teoría. Paga moito a pena vela .

Este libro salvarache a vida é a última novela de A.M. Homes, unha escritora estadounidense que algúns se empeñan en cualificar de "bad girl" por ir ao centro dos asuntos perturbadores da condición humana en Estados Unidos e que outros consideran unha desas elixidas que transcende os adxectivos. Nela cóntanos a vida de Richard Novak, un millonario que non precisa traballar e vive nunha ultramoderna casa de Los Ángeles e que só mantén contacto coa súa asistenta, a nutricionista, a masaxista e a adestradora persoal. Pero de súpeto un par de sucesos illados devolverana á sociedade, á familia, á realidade tan peculiar desa cidade coa atmosfera evasada ao vacio de Hollywood na que Novak iniciará a súa peculiar singradura cara a unha nova vida. A novela, poboada por personaxes de carne e óso nuns ambientes tan cribles como absurdos, mestura o realismo máis cru coas aventuras máis estrambóticas. Este libro salvarache a vida é, unha vez máis, unha acertada aposta de Anagrama que entretén, emociona e divirte grazas á feroz e aceda pluma da súa autora.
.
E por último un dos nosos máis recentes e mellores desubrimentos musicais: Rufus Wainwright. Todo un personaxe coas características para converterse nun ídolo musical á antiga usanza: novo, atractivo, cunha vida intensa e tortuosa... e cunha voz indescritible e chea de matices. Wainwright é totalmente ecléctico e impredicible. Seguro que o oiríades sen decatarvos en numerosas bandas sonoras, como en Shrek onde canta o famoso Hallelujah de Leonard Cohen, ou en algúns dos temas de Brokeback Mountain, pero interésanos esta magnífica I'm going to a town que hoxe nos vén moi ben para este post. Nela evidénciase a suxestiva voz deste intérprete tan especial, que ten unha solidísima formación musical e se descolga con versos que máis ou menos veñen a dicir ..que canso estou de tí América... como te aproveitaches do amor que tanta xente che tiña...pensas que non te condenarás precisamente tí, que presumes de facer todo ben , tí que cubriches de sangue o corpo de Cristo?... Agora voume resarcir polo que nos contan no Sunday Times e nas cancións infantís e que son só mentiras.... Teatral, excesivo e orixinal este Mr Wainwright, encántanos a súa balada. Haberá que seguirlle a pista.

1 comment:
Incrible o video sobre a doctrina do shock! Haberá que ler o libro para ter máis datos. Isto é educar para a cidadanía.
Que di a Iglesia? Tamén se approveita dos shocks, ou non? E como se pode ver polas ultimas novas, non teñen reparos en colaborar con certos métodos para obter información dos prisioneiros!
Sempre lles queda a saída de que foi a título individual. O mesmo que os soldados torturadores nos carceres de Iraque!
Post a Comment