Wednesday, 17 October 2007

Romeo e Xulieta

.

O amor e a traxedia nunha das obras teatrais máis coñecidas: Romeo e Xulieta. O enfrontamento entre familias e entre pandas de mozos, o destino que todo o dirixe. A obra de Shakespeare posta por Eduardo Alonso diante dos ollos da xente nova: música, vestiario, escenografía do máis actual con botellón incluído. Rapaces e rapazas de 4ª ESO B tiveron a oportunidade de ocuparen unha butaca no Teatro Principal para ver e escoitar a un grupo de actores novos encabezados pola experimentada Luma Gómez. Conseguiría Teatro do Noroeste con esta versión facer atractivo o teatro para a xente nova? Conseguiría achegar un clásico da literatura universal á sensibilidade do noso alumnado?

Na biblioteca temos a versión orixinal en inglés e en español... e na rede hai moita informac
ión

5 comments:

Anonymous said...

sen dúbida a obra estivo realmente divertida , fixeron da clásica obra de Shakespeare unha adptación moi moi boa. Gustoume moito, aínda que non pegaba moito o diálogo do principio da obra có do finaL xa qe era totalmente poético.
Os actores eran moi bos.pasei un bo rato véndoa.

María Montes Martínez. 4ºB

Anxo González Guerra said...

Xa que María se animou a poñer a súa opinión e para animar a outros e outras...
Podedes ver as fotos se lembrades o nome en galego da raíña que citamos hoxe na aula neste enderezo:
http://www.xente.mundo-r.com/anvi/onomedatalraiña.html

Anonymous said...

Menudos caretos nas fotos jaja.

A obra estivo moi ben, é verdade que foi realmente divertida.
Os comentarios dos persoaxes (como os de Mercuccio) faciana moi amena, e a gran variedade de diálogos facían a obra interesante e entretida. Aínda que a obra durou 2 horas non se me fixo pesada, en verdade pasouseme o tempo voando.

Antía Reguera Acuña 4ºB

Anonymous said...

Velaquí algunhas das vosas opinións sobre a obra:
******Encantoume a obra, os personaxes, o diálogo, o escenario, o vocabulario... Todo! Se tivese que facer unha crítica mala da obra tería que inventala, porque en todos os sentidos a obra está xenial. Pareceume orixinal o escenario con esas especies de andamios mobibles, que ademais serven para marcar ben o final da escena. Os actores tamén me gustaron moito, a súa vestimenta, a súa interpretación e as ganas que lle poñían. Ademais rinme moito e pasei un bo rato. Encantoume esa idea de facer esta versión tan moderna da obra que meteron o botellón, a discoteca por medio e que non se cortasen un pelo nos diálogos, porque os rapaces de hoxe en día non somos tontos e gústanos ver as cousas tal e como son e na obra conseguiron todo iso.
Estivo XENIAL
(unha alumna de 4º B)
****Magnífica posta en escea, dándolle un matiz actual a unha recoñecidísima obra clásica, adaptando a linguaxe, o vestiario, a música, a ambientación, e mesmo os útiles de mediados do século XX á tendencia dos nosos tempos, e sobretodo, aportando moita acción
(un alumnno de 4º B)
****A obra persoalmente encantoume. Por moitos motivos foi moi amena e ademais nela houbo miles de momentos distintos nos que rías a gargalladas e momentaos nos que che daba moita pena. é unha forma moi boa de facer que a xuventude se interese polo teatro e á vez pola literatura. Todos os meus compañeiros e eu saímos moi contentos. O mellor foron o o personaxe que dicía guarradas, que era co que máis te rías e o amor entr Romeo e Xulieta que me encantou. O escenario estaba xenial, era moi abstracto pero reflectía moi ben as dúas cousas cada unha dunha familia distinta, aínda que era moi moderno era moi cómodo para centrar un plano ou outro. A obra foi xenial e gustaríame moito volver outra.
(Unha alumna de 4º B)
****A pesar das dúas horas da obra, non se fixo moi pesada, aínda que a última parte foi un pouco aburrida, foi rápida ao principio, era moi entretida, gústame. Pero cando se axustou ao de Shakespeare (como nas partes poéticas) fíxose moi monótona.

Anonymous said...

Foi un acerto por parte do profesor levarnos a ver esta obra, a verdade encantoume... iba pouco decidido a vela debido a obra ante a que nos atopabamos pero esta ``renovacion´´ deulle un toque alegre e divertido. Tiña alguns dialogos cuns vocabularios pouco ''educados'' por asi dicilo pero adaptados os tempos de hoxe en dia. Paseino xenial e disfrutei con ela.

P.D- Mellor tarde que nunca.

Zambrano Cardona, Freddy 4º B

Related Posts with Thumbnails