Wednesday, 3 October 2007

Hijab

Hoxe gustaríame falar de TV, prensa e medios de comunicación; dos mundos virtuais e dos conflitos que crean. Quero falarvos de mulleres afgás que levan burka, de nenas marroquís que pretenden ir con veo aos seus colexios...
Penso que as mulleres somos símbolos útiles, non suxeitos. Onde están as voces das mulleres afgás?. Fálase delas, mais elas non aparecen. Se aparecesen, tal vez contasen o inferno no que viven desde hai moitos anos e que só foi noticia cando os talibáns deixaron de ser socios de EE.UU; despois, o réxime talibán foi derrotado, e alí seguen elas, cos seus burkas, sen poderen ir traballar, porque a situación apenas mellorou, pero elas xa non interesan como noticia. Desapareceron...


Por suposto que hai problemas no mundo árabe. Os talibáns son un caso extremo mais apenas representan a ninguén. Somos moitas as persoas que pertencemos á mesma cultura aínda que esteamos en total desacordo con eles.
Agora dúas palabras sobre o veo e o seu significado na cultura islámica. Non ten que ver nada en absoluto co concepto de submisión. Trátase dunha pretensión de ocultar o corpo para non ser considerada só como un obxecto de desexo, para ser valorada por outras calidades. Evidentemente un pode estar ou non estar de acordo: os teólogos discuten incesantemente sobre a súa obrigatoriedade. Tamén o fan as mulleres sobre o seu uso, algunhas o levan e outras non. Toda esta situación simplificouse e distorsionouse nos medios. Que se transmitiu?: que é algo funesto sobre o que non merece a pena nin reflexionar. Estas actitudes non fomentan o diálogo entre culturas nin axudan a achegarse ao outro"...
MUNDO ÁRABE, OCCIDENTE E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN (extracto de conferencia)
Awatef Ketiti. Periodista e investigadora feminista tunecina.

Se queredes ler o artigo enteiro e máis opinións de mulleres musulmás falando da súa cultura podedes visitar a correspondente sección do traballo
Mulleres no Islam, colgado na páxina da biblioteca do centro.
Este video, obtido via o blog
Iguales en las 3000 é un documento excelente que exemplifica o texto anterior e que todos deberíamos ver. O uso do hijab nos centros escolares debe ser sometido a debate, é verdade, pero é un asunto complexo que non podemos solventar con tópicos de escaso rigor e ideas en exceso simplificadoras dunha realidade tan complexa e plural como é a cultura islámica.

11 comments:

Ronsel said...

Querida Charo, as nosas conexións seguen presentes! Iso, a verdade, encántame. Que gusto saberte aí! Bicos

O Segrel do Penedo said...

Igualdade, tolerancia... ou INTOLERANCIA??
Reflexionemos!!

Fantástico video, parabéns!!

Anonymous said...

En mi opinión creo que en este video la profesora "discrimina" a la alumna tan solo por llevar un hijab. Digo esto porque al entrar en clase se ve a todos los alumnos con distinta vestimenta (a la moda,goticos,con pirceing, con pañuelos y gorras encima de la cabeza...). A mi lo que mas me extraña es que la profesora le diga a la alumna que se quite el hijab y a la que tenía el pañuelo o la gorra no se lo mande sacar.

Si a la alumna le gusta ir con un hijab es lo mismo que a una gótica le guste ir vestida de negro.

La profesora actua muy mal devido a que tendría que dejar a la alumna ir vestida como quisiera (dentro de unos límites. No vas a ir en calzones). Ademas dice: -No querrás ser la rara de la clase. La profesora ya actúa como si fuera un alumno, discriminando y marginando. Eso es lo peor que puede hacer una profesora.

En conclusión: A la alumna si le gusta ir vestida con el hijab porque se siente incomoda sin él,se le debería de dejar estar. A la profesora le diría que no deberá de impulsarla a quitar el hijab porque eso incentiva a los alumnos a marginarla y discriminarla.
Cada uno que vaya como quiera (sin pasarse de unos límites).

J. Fernando Gallego Cobas 1º Bach C

Anonymous said...

Que la niña lleve o no hijab es cosa suya.
Nosotros creemos que las mujeres llevan hijab por que son discriminadas, pero la niña, quiere llevar hijab porque quiere, hoy en las noticias salio un reportaje que el que no dejaban entrar a alumnas con hijab, evidentemente el gobierno obligo al centro a que las dejaran ir al colegio, que la escolaridad es lo principal.
La profesora dice que el colegio es laico, pero yo puedo llevar una camiseta que ponga ``YO CREO EN CRISTO´´,los profesores no me pueden decir nada, y lo mismo del hijab, en el colegio da igual si eres catolico, protestante o musulman lo importante es ir al colegio, poder estudiar y tener un futuro digno

Anonymous said...

Creo que este video intenta darnos un poco más a conocer lo que piensan las mujeres musulmanas sobre tener que llevar el hijab.En este ejemplo se comprueba que la niña en realidad no es obligada por sus padres a llevarlo,sino que ella ha decidido que así sea.Por otra parte,refleja la incomprensión de la profesora respecto a llevar el hijab y le da a entender que si no se lo quita la marginarán.Resultado final,la niña se siente indignada por el echo de que ella haya tenido que quitarse el hijab cuando en su clase hay muchos compañeros con distintas vestimentas,es decir, la profesora la ha discriminado por llevar el hijab que implica pertenecer a una cultura islámica.

En mi opinión, cada uno es libre de llevar lo que quiera y aún más si implica alguna relación con la creencia de alguna religión,todo el mundo tiene que ser respetado y no discriminado por ello.

Paula Blanca Pazos 1º Bach - C Nº 4

Anonymous said...

A actitude da profesora paréceme moi inxusta, xa que pretende que a rapaza non leve o hijab e permítelle os demais alumnos que leven outro tipo de sombreiros. Penso que é porque o hijab é un símbolo relixioso, unha prenda que caracteriza ás mulleres musulmanas, mentres que as gorras, pañoletas...son símbolos de culturas urbanas das cidades occidentais.
Ademais, é sabido que estes alumnos visten este tipo de prendas para diferenciar uns grupos de outros ou simplemente por elección propia, porque lles gusta.
Por outro lado, a nena musulmana leva a hijab por tradicción e costumes do seu país no noso. Podemos argumentar que estas nenas deben adaptarse a nosa sociedade, moito máis libre e sen prexuízos; pero temos que pensar tamén se é xusto o establecemento dunha norma que vai contra o dereito dunha persoa a ter liberdade na forma de vestir, e moito máis se toleramos que os mesmos nenos españoles, sen costumes ou imposicións familiares leven pañoletas, piercings ou gorras ao colexio.
Antes de establecer reglas para procurar a igualdade debemos votar un ollo ó noso redor por se o que estamos a facer non é someter nós mesmos a esas persoas con outra cultura.

Anonymous said...

En mi opinión, la profesora ha actuado de manera incorrecta. No debería emplear ese método para conseguir su fin, ya que la niña quitó el hijab en contra de su voluntad.
Creo que hay que darle tiempo y después buscar un hora adecuada para hablar el tema del hijab; ya que nadie se sentiría bien, de que ya en el primer día, la profe le diga que no debería llevar el hijab (por ser símbolo religioso como dijo Teresa Justo) y que otros tienen total libertad de llevar lo que quieran. Eso le lleva a pensar que la profe la está discriminando y que no tiene la misma libertad que los demás. Y a causa de esta se sentiría mal e incomoda en nuestra sociedad y sobre todo en su nuevo instituto.

Anonymous said...

O video permite que nos decatemos dunha visión moi real na actualidade. A mestra non lle permite a unha rapaza musulamana que entre na clase co hijab, (quizabes por ser un símbolo relixioso dunha cultura non occidental) a rapaza finalmente decide facerlle caso a esta renunciando dalgún modo a súa cultura, tradicción e relixión sacándose a prenda da cabeza.
O hijab, símbolo caracterizante destas mulleres, adoitamos relacionalo co islam, co machismo dese mundo, sometemento á muller... pero realmente forma parte da súa vida, dunha cultura de millóns de anos, que renunciando a el, se está a renunciar a unha identidade. Ao mesmo tipo de identidade dos rapaces da clase permitíndolles levar: piercings, pañoletas, gorras, tatuaxes... tan propio das culturas urbanas. Por iso, o que non podo entender é porqué os rapaces da clase, poden levar diversas prendas (xa citadas anteriormente) e a rapaza non pode levar o hijab.
Se temos en conta o video, o que pretende o noso mundo occidental é adaptar a estas rapazas á nosa sociedade, onde a liberdade é algo caracterizante. Pero ¿que liberdade? ¿aquela rexida por unhas normas culturais? ¿aquela que impide a unha rapaza musulmana levar o hijab , símbolo da súa cultura de milleiros de anos?

A eliminación do burca debe inxerirse nesa loita xeral por eliminar todos os burcas que denoten desigualdade e discriminación: pobreza, dereitos humanos, ... E non só no Islam, senón entre nós e en todo o planeta.

Anonymous said...

Ao meu parecer, a profesora non actúa de forma correcta cando obriga á nena a que se quite o hijab. Nunha parte, porque creo que un neno debe sentirse a gusto no colexio xa que alí vai pasar moito tempo. Por outra, porque non me gustaron nada os argumentos da profesora para facer que o quite: dille que vai ser a rara, se non quere que os demais a discriminen, se os seus pais lle pegan por non levalo, etc. As primeiras razóns que di non estiveron ben porque, ao dicilas, deixa de actuar como profesora a actuar como un alumno; tamén en parte porque deixa que moitos rapaces leven gorras, piercings e cousas polo estilo na cabeza que sinalan a súa posición social ou grupo, a súa cultura, etc. A última razón que di paréceme aínda peor porque, que eu saiba, o hijab non é obrigatorio fóra do seu país(e creo que dentro tampouco), senón máis ben como un costume ou tradición, polo que non vexo normal que teña que significar á forza que os seus pais lle peguen por non levalo ou que pertenza a unha determinada relixión.
En resumo, creo que a profesora tiña que haber defendido que a nena levase o pano na cabeza, aínda que sexa un colexio laico, xa que non ten por qué sinalar que pertence a unha relixión determinada, senón tamén a un grupo social, banda, etc

Anonymous said...

A primeira sensación que me causó o vídeo foi impotencia. Gustaríame estar alí e poder dicirlle unhas cantas cousas á profesora.

En primeiro lugar, quixera destacar a frase: "... en este lugar no discriminamos a nadie". Ben, se iso fora certo, permitiríanlle leva-lo hijab, porén, non o fan. Noutro momento do vídeo, a profesora di: "... no querrás ser la rara de la clase, ¿no?". Cadaquén leva o que quere, e non se pode xulgar a unha persoa polo seu aspecto.

É dicir, o fundamental é o respecto. Se o hijab forma parte da relixión á que pertence a nena, hai que respetalo. Ademais, o resto da clase tamén leva gorras, panos, etc., por iso paréceme unha situación completamente inxusta.

exotic adult sex stories said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Related Posts with Thumbnails