Algunhas novidades que vos recomendamos |
Wednesday, 17 December 2008
Sunday, 14 December 2008
Modou
Monday, 8 December 2008
Un fotógrafo 2.0
Created with Admarket's flickrSLiDR.
Sunday, 7 December 2008
Adolescentes e internet
Wednesday, 3 December 2008
"El libro negro de los colores"
AUTORES: MENENA COTTIN,ROSANA FARIA
EDITORIAL: ZORRO ROJO
ENCADERNACIÓN: Cartoné
PÁXINAS: 24 BRANCO E NEGRO
O libro negro das cores é unha obra singular sobre a percepción da cor. Ilustrado en relevo, este libro negro propón a todos @s nen@s unha experiencia sensorial inédita: percibir cores sen necesidade de velos. Unha edición orixinal da editorial mejicana Tecolote que mereceu o primeiro premio na categoría Novos Horizontes, outorgado pola Feira do Libro Infantil de Bologna 2007.O New York Times inclúeo entre os 10 mellores álbums ilustrados do 2008.
Tuesday, 2 December 2008
Soños de futuro
… … Sempre hai persoas que van por diante do seu tempo. Son eles e elas os que, imaxinándoo, fan posible un futuro mellor. Non vos perdades esta escolma de ilustracións de soñadores de tempos vindeiros. | |
|
Thursday, 27 November 2008
Pequena investigación do alumnado: O cemiterio de arte popular de Sapanta. Romanía
Un grupo de profesorado do centro estamos a recompilar materiais para elaborar un proxecto didáctico que recolla, entre outras facetas, as diversas formas de xestionar a morte e o do nas diferentes culturas. Temos a grande sorte de contar entre nós a alumna Mihaela Olinca procedente de Romanía. Cando foi informada de que publicaramos un video sobre o cemiterio de arte popular de Sapanta, ofreceuse a traducir algúns dos epitafios que aparecían nas imaxes.
Colaboraron na versión ao galego os alumnos Davely María Concepción e Andrés Hernán . Queremos dar as grazas a este grupo de alumnado e ao seu profesor Xose Lois Janeiro, por tan valiosa colaboración.
Dende Mesturas, quedamos á expectativa de futuras colaboracións que serán sempre benvidas
....
.
,
,.
"Aquí eu descanso. Chámome Bodnarion. Cando eu vivía no mundo, traballaba nunha fábrica como carpinteiro. Iso gustábame moito nesta vida. Cando eu vivía a min coidáronme ben, eu divertíame moito cos que atopaba, pero a morte co seu feo nome levoume xove do mundo, nunha desgrazada noite que rematou coa miña vida".
,
,
.......
...............
........
...........
...
...
.
"Cando eu era pequeno, Jon Suht díxome que eu ía ter un traballo de tractorista. Gustoume moito. Deixo sós os meus fillos, a miña muller e os meus pais, para chorárenme coas súas bágoas de pais. E agora, muller miña, has coidar os nenos igual, con alma de pais, porque agora ti es nai e pai. Para sempre vas ficar apenada".
....
....
....
....
....
....
.....
"Curta vida eu tiña antes de me soterrar, pero en todos os días da miña vida me gustou ir á igrexa a cantar en coro a deus. Eu rezaba e o meu home enfermou e axiña me deixou. Quedei con tres nenos e só deus sabe canto traballei para os criar e facer deles boas persoas na vila."
"Aquí eu repouso. Chámome Ion Turda. Eu vivía ben, tiña seis fillos, crieinos ben a todos eles. Gustoume moito traballar. No verán segaba herba. Os meus queridos fillos e a miña querida muller que deus os bendiga. "
Vivíu setenta e un anos 1920-1991.
Podedes ver todas as imaxes ampliadas. Imaxes vía Desierto
E para rematar a traducción dalgunhas das lápidas que aparecen no video: ..
Cemiterio de arte popular na vila de Sapanta.
Creado por Ion Patras Stan desde o ano 1935.
"Aquí repouso. Chámome Holdis Dumitru".
Viviu 45 anos. Morreu de morte violenta en 1958.
"Aquí eu repouso. Chámome Stelica Toader. Cando eu vivía gustábame moito o monte coas miñas ovellas e tocar a miña trompeta. O meu corazón estaba só e as ovellas todas beaban e os cans ouveaban. Todos quedaban mirando. Eu desexo o mellor ás ovellas. Cando eu deixei a miña vida tiña 71 anos en 1971".
"Aquí repouso. Chámome Stan George. Pobre da miña vida. Cando eu estaba no campo, o santo Ilie fulminoume cun raio. Meu pai quedou triste e pobre. A miña nai nunca me esqueceu."
Morreu moi novo aos 19 anos en 1954.
TRADUCIÓN DO RUMANO AO GALEGO :
MIHAELA OLINCA (Romanía)
AXUDARON NA VERSIÓN EN GALEGO:
DAVELY MARÍA CONCEPCIÓN (República Dominicana)
ANDRÉS HERNÁN (Colombia)
GRAZAS POR UN TRABALLO TAN INTERESANTE E TAN BEN FEITO!!!
Wednesday, 26 November 2008
Soberano.
Tuesday, 25 November 2008
Paseo virtual pola Roma Imperial
Unha nova ferramenta para todo o alumnado adicto a Goggle Earth na hora do recreo.
-
Traducido de El País.
Se queredes ter unha idea aproximada deste novo servizo de Google Earth, esta moi ben explicado neste video.
25 de Novembro: O Cántico das Mulleres Invisibles do Congo
Cada día que pasa, a situación no Congo é máis desesperada para miles de persoas e especialmente para as mulleres que, como en calquera conflito armado, teñen que enfrontarse ás necesidades dos seus fillos e aos constantes vexames e violacións sistemáticas dos exércitos en conflito. Neste 25 de Novembro queremos tamén publicar este conmovedor documento das mulleres congoleñas. Válido, na súa insuperable dignidade, para todas as culturas e latitudes.
Monday, 24 November 2008
25 DE NOVEMBRO.
Un conto triste
Hoxe voulles contar un conto triste. Antonia é unha muller moi humilde que traballa como asistenta e leva a diario a roupa a enxaboar no lavadoiro público de Marineda, aterecida polos fríos do inverno. O seu propio marido asasinou á súa nai e paga a súa pena no cárcere, mentres ela vese condenada a sobrevivir en condicións de extrema miseria criando a un pequeno. A pobre muller confía en que vinte anos é abondo para curar o medo. Pensa ela que pode o seu home morrer no cárcere, ou podo morrer eu, ata aló falta moito tempo aínda. A morte natural nunca a asust ou: só a aterroriza de verdade a posibilidade da volta do cónxuxe criminal.
O nacemento dun herdeiro de El-Rei, facilita un indulto que deixa ao preso libre na rúa. A Xustiza dálle ademais o dereito a compartir a casa onde vive a súa muller e onde el cometera noutrora o seu grave delito. Antonia vive angustiada, pensando na hora dese regreso, temendo ser ela a próxima vítima da violencia do bruto liberado. Chega o día fatídico e é obrigada a acollelo no fogar e a compartir leito co asasino. El non chega a matala. O corazón non puido máis: Antonia morre de medo.
Velaí un breve resume do argumento de “El indulto”, un conto de dona Emilia Pardo Bazán, publicado en 1883 en “La Revista Ibérica”. O paso do tempo non deixa de ser un xogo un pouco absurdo. Os grandes problemas, os dramas e traxedias, tamén as nosas ledicias, son os mesmos dende que se escribiu a Odisea. O ser humano, para ben ou para mal, non cambiou tanto. Quizais cambiou moito menos do que somos capaces de albiscar. Iso, cando menos, é o que nos fai pensar este relato tan oportuno, no seu tempo e hoxe.
“El indulto” é literatura aínda viva: nin sequera é preciso contextualizala. Por desgraza, os xornais contan cada día historias moi semellantes.
Marcos Valcárcel. ANOSATERRA DIARIO
Sunday, 23 November 2008
E pronto outro 25 de Novembro
Mais que grado de desesperación e dor hai que sufrir para preferir a morte queimándose? Temos a impresión de que non é do que falamos cando reclamamos unha morte digna, aínda que non poidamos máis que aceptar a dignidade de persoas que se revelan con todos os medios ao seu alcance para saír do martirio imposto por quen exerce un poder absolutamente ilexítimo e inxusto aferrado a caducos valores patriarcais.
Esta situación é asquerosamente insoportable. Desgraciadamente non é a única.
Thursday, 20 November 2008
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO. 20 DE NOVEMBRO
.
Vimos hai algún tempo este ensaio fotográfico sobre os dereitos dos nen@s que tiñamos reservado para un día como hoxe. Como recordatorio esta ligazón a unha de tantas enumeracións dos dereitos dos nen@s aínda que só sexa para constatar, un ano máis, o longo camiño que queda por percorrer.
Wednesday, 19 November 2008
…e de novo Afganistán
Hai só uns días celebráronse en Figueirido Pontevedra os actos fúnebres polos dous soldados da Brilat falecidos como consecuencia dun atentado en Afganistán. Lemos unha reportaxe no Magazine do Faro de Vigo e lembramos o que hai anos xa publicaba Newsweek: que unha porcentaxe abafadora de persoas nese país padecían graves trastornos mentais debido ás circunstancias tan terribles nas que viven.
Hai xeracións enteiras de afgáns que descoñecen o que é vivir en paz. Non foi isto o que máis nos sorprendeu entón; foi ler que os afgáns esqueceron como se vive en tempos de paz porque xa non teñen referentes. A nosa cotidianidade baséase nunha serie de destrezas e mensaxes sutís coas que somos quen de convivir con outras persoas e levar a cabo proxectos comúns. É un complexo sistema que se transmite de xeración en xeración. Por terrible que pareza, a transmisión dese esencial coñecemento en Afgnistán está destruída.
Vimos unhas fotos magníficas de Paula Bronstein e buscando información da autora atopamos un estremecedor reportaxe sobre mulleres que se queiman vivas. Deixamos á vosa decisión ver as fotos ou non. E xusto nestes días chegounos esta presentación tamén sobre mulleres afgás e a terrible imposición do burka.
Xa coñeciamos algunhas imaxes que regularmente publica a RAWA (Asociación de Mulleres Afgás) pero nunca viramos algunhas outras moi ilustrativas.
Seguir esta ligazón para poder ver a reportaxe a pantalla completa. Paga a pena
.
Monday, 17 November 2008
O cabalo e a morte
Thursday, 13 November 2008
Obradoiro de narrativa
As cruces nos camiños
Xosé Manuel González mándanos esta foto desde Lobelle (Lugo) e cóntanos outra curiosa historia sobre as cruces. As cruces tamén se poñían nos cruces de camiños para que o demo non fixera das súas. Seica o "inimigo" acostuma deixarse ver nos cruces de camiños para tentar a xente e por iso poñían cruces xa que o demo non quere saber nada delas. Din que non atura estas tres cousas e por esta orde: as cruces, a auga bendita e que nomeen a Deus. Se temos unha Cruz xa non aparece o demo aínda que o chamemos como din que se chama cando se quere tratar con El: Nun cruce de camiños cun garrafón de viño e un xamón; primeiro déitase un pouco de viño no chan e logo empézase a comer xamón e beber, de vez en cando dise "se vés comes e se non vés non comes". Case sempre aparece con aparencia de bo mozo, alto e vestido con gabardina; seica só o delatan os pés, que se un se fixa moito (trata de escondelos) son de cabuxa. Come e bebe e fai tratos, que sempre cumpre pero a cambio quere almas, é capaz de dar riquezas e de facer obras coma pontes nunha soa noite; din que os cartos seica os fixo tamén el para que moita xente se condene por eles. Seguramente cando aparecían desgrazas nos lugares moita xente pensaba que podía ser obra del e como supoñían que andaba polos camiños poñíanlle cruces para que non puidera facer das súas. Algunhas veces seica sae a tentar na xente, pero se se fai un círculo no chan (mesmo cos pés) e te metes dentro xa te deixa en paz.
Thursday, 6 November 2008
Dúas novas adquisicións
Queremos facer mención especial de dúas novas adquisicións a nosa xa extensa colección de títulos destinados e adquiridos especialmente par os 20 minutos de lectura diaria. Son totalmente recomendables.
LAS VIDAS DE LOS GRANDES ARTISTAS.
Ed. Siruela
Un orixinal paseo pola Historia da Arte a través da vida e obra de 20 mestres de todos os tempos. Un interesante retrato ou autorretrato de cada artista introdúcenos en cada un dos capítulos deste formidable libro sobre o mundo da pintura. A continuación, verás a súa obra máis emblemática a toda cor. O ameno e entretido texto vaiche permitir entrar no taller de cada un destes pintores. as ilustracións son magníficas. Dentro do libro tamén atoparás algunhas ventás que che ofrecen máis información, como por exemplo "¿ Sabías que...?, con interesantes curiosidades biográficas do artista; atoparás ligazóns web para saberes máis sobre as obras de cada autor. (adaptado da reseña do libro)
Wednesday, 5 November 2008
Tuesday, 4 November 2008
O cemiterio alegre
Nesta terra de ebanistas, todas as tumbas foron talladas, pintadas de azul e decoradas co retrato do defunto, representándoo no seu traballo ou facendo o que máis lle gustaba na vida. E debaixo un epitafio, escrito en primeira persoa, que relata os rasgos máis relevante dos falecidos sempre en clave de humor. As cruces pintadas en cores claras -azul, branco, verde e vermello- son monumentos de arte popular únicos en Europa, creados, na súa maioría, a partires de 1935 polo artesán Stan Ioan Patras e que na actualidade realizan os seus discípulos. Estes artesáns coñecen a todos os habitantes do pobo polo que non é difícil producir, no seu momento, o epitafio máis axeitado:
"E outra cousa que moito me gustaba era sentarme á calor dunha taberna acompañado dun vaso de viño e unha muller sempre que fose a muller doutro."
"Aquí descanso eu chámome BRAIC ILEANA, cinco fillos tiven que deus a vida lles deu. GICA, que ti sexas perdoado se me apuñalaches cando viñeches borracho do pobo."
"Que ben estou na tumba no limiar da igrexa. Ti tamén virás aquí "
"Arde no inferno, maldito taxi que viñeches de Sibiu. Con todo o grande que é Romanía. Non puideches atopar outro lugar onde pararche?. Tivo que ser fronte á miña casa, para matarme?."
hai referencias a este cemiterio en axencias de viaxe e blogues de particulares. Por exemplo Desierto
Sunday, 2 November 2008
3º Obradoiro de narrativa
Teremos na Biblioteca o autor de O xardín das pedras flotantes. Novela de máis de 500 páxinas, chea de imaxinación, de amor, de maxia; novela protagonizada por dous adolescentes e cun ¿estraño? libro. Tamén é unha homenaxe á nosa cidade, onde ocorre parte da trama. Trátase do último premio Xerais, unha excelente narración publicada estes días.
Os 27 alumnos e alumnas de 2º BAC escollidos van ter a oportunidade de aprender a escribir da man dun dos mellores escritores da actualidade. Agardamos que a actividade sexa un fito na súa formación académica.
Friday, 31 October 2008
Honrar os defuntos, as ánimas
Thursday, 30 October 2008
Entre a vendima e a castañeira
Wednesday, 29 October 2008
Sabes a letra II. Viva la vida. Cold play
Que queredes, gústanos este grupo. Para que non sexa só cuestión de ver o video sen facer nada máis, propoñémosvos un pequeno exercicio.
Para os que non saibades moitísimo...ou sexa principiantes.
Para máis experimentados e experimentadas.
Para @s que din que saben moito
Podedes ver máis videos no portal de anglesonline.
Tuesday, 28 October 2008
Le Clézio na casa. X.L. MÉNDEZ FERRÍN .
Wednesday, 22 October 2008
Areoplanos
Tuesday, 21 October 2008
Dereitos de autor confusos
Historia de un Letrero en Yahoo! Video
Monday, 20 October 2008
Ródchenko e os libros
Wednesday, 15 October 2008
Sabes a letra?. Violet Hill. Cold Play
Nivel elemental de todo. Podes deprimirte se fallas...
Tuesday, 14 October 2008
La lámpara de Aladino. Volve Luis Sepúlveda
A Alejandría de Kavafis, Ipanema en carnavais, un Hamburgo frío e chuvioso, a Patagonia, o Santiago de Chile dos anos 60 ou a recóndita fronteira de Perú, Colombia e Brasil son algúns dos escenarios de 'La lámpara de Aladino'. Estes doce relatos, destacou a editorial, son cada un deles "unha novela en miniatura", onde Luis Sepúlveda "dá vida a personaxes inesquecibles e ás historias máis fermosas que se contaron en moitos anos".
Monday, 13 October 2008
Lena Guiseke
Sunday, 12 October 2008
Por se aínda non entendedes
Saturday, 11 October 2008
Viaxe a un autor: Le Clézio
Thursday, 9 October 2008
O misterio das miradas do Thyssen
Por amor de Deus
Monday, 6 October 2008
Parkour II. Dangerous ground project: No more landmines
Cada 30 minutos unha persoa morre por feridas causadas polas minas.
O 90% destas persoas son civís.
Falamos de máis dun millón e medio de mortes ao ano.
Un terzo destas mortes son nenos.
Falamos tamén de máis de medio millón de graves mutilacións.
E as cifras medran constantemente porque...
quedan máis de 100 millóns de minas no mundo.
Hai, polo menos, 40 paises que se negan a asinar tratados de non proliferación deste tipo de armamento.
Saturday, 4 October 2008
Parkour
Citamos da Wikipedia:
Tuesday, 30 September 2008
Fiestras
Charles Beaudelaire
Sinais
Esta morea de sinais están nunha curva moi curva curvada dunha estrada ben estreita... na parte luguesa dese centro fluvial que son Os Peares... ao fondo a ponte do ferrocarril e a ponte da estrada Ourense-Monforte e a ribiera ourensá do Miño/Sil.