Thursday 21 February 2008

RONSEIS


Un ano máis acudimos á convocatoria do Salon Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, participando con RONSEIS, unha obra colectiva coa que intentamos plasmar a nosa particular visión do mar, tema da presente edición. Aproveitando a convocatoria tamén elaboramos, un ano máis, un novo libro para incrementar a nosa pequena biblioteca de produción propia. Neste caso trátase dun poemario ilustrado por alumnado de 4º ESO.


Os alumnos que realizaron o panel asistiron á representación de El Viejo y el Mar, adaptación do texto de Hemingway do grupo Arbolé. O alumnado de 1º ESO visitou as instalacións do Salón participando nun taller de móbiles e outro de danza e música que resultaron, segundo elas e eles, moi divertidos. Conscientes do esforzo realizado polo profesorado que participou nesta actividade, que como case todo, esixe bastante tempo e moita ilusión, desde Mesturas queremos dar, unha vez máis, as grazas .
Nesta presentación podedes ver o proceso do traballo e o resultado final.


5 comments:

O Segrel do Penedo said...

Parabéns a todos os artífices dese magnífico traballo.

Apertas dende o mar de Fene

Biblioafonso said...

Reiteramos o comentario do Segrel: parabéns, magnifica lección de promoción da lectura.

olga said...

Manuel Antonio, o poeta do mar...¡que magnífica elección!
¡e que traballo plástico tan suxestivo!
Noraboa, co corazón, a todos eses Educadores/as que atenden às emocións e ensinan a expresalas.
olga

Isabel Maceira said...

Ë unha preciosidade de traballo. Enhoraboa a todo o equipo .

Anonymous said...

Noraboa por ese magnífico traballo, si velo así é un pracer imaxino o que sería velo na realidade
Marina

Related Posts with Thumbnails