Este documento foi concibido hai un par de anos como unha presentación para promover o debate e a reflexión entre un grupo de alumnado de secundaria en Denver, Colorado. Desde entón ata agora recibiu literalmente millóns de visitas na rede. A actual versión cos datos actualizados e unha voz neutra de sintetizador en español, chega ata nós vía A Nosa Biblioteca.
Facendo unha excepción en Mesturas, esta entrada está adicada a Manuel, Alicia, José Manuel, Paula, Silvia, Cora, Joaquín, Gabriel, Darío, Paula, Mateo, Isabel e Marián por colaborar en facer realidade unha pequena aventura nestes tempos de cambio.
Aproveitamos para desexar aos visitantes de Mesturas unhas felices vacacións de Semana Santa. Despedímonos ata dentro dunha semana.
1 comment:
A dicir verdade o video está realmente ben, é increíble como hoxe en día está todo informatizado e como vamos evolucionando, así como tamén os países menos desenvolvidos intentan abrirse paso na nosa sociedade.
Facendo relación con ésta última cita penso que os países en crecemento como a China están facendo unha rápida adaptación en relación coa nosa sociedade en ámbitos como a alimentación, as compras, o ocio, o turismo...etc demasiado rápida e masiva e en moitos caso volvendo a cometer erros das nosas anteriores sociedades, como por exemplo no caso do turismo hai unha zona de China (ahora non me lembra o nome pero que vin o outro día nun documental) no que decían que nunha costa que era preciosa hai agora unha nova "Las Vegas".
Bueno creo que me estou afastando algo do tema, en resumo é verdade todo o que dí o video e a veces non nos decatamos que aínda foi onte cando as tecnoloxías petaron a nosa porta e que como pouco a pouco vamos evolucionando e como van cambiando as cousas.
Post a Comment