Thursday, 13 March 2008

Toscani ataca de novo

Probablemente lembredes ao famoso fotógrafo italiano Oliviero Toscani moi coñecido polas súas comentadas campañas publicitarias para a firma Benetton nos anos 90. De novo volveu provocar polémica en Italia pola súa publicidade contra a violencia de xénero. No cartel, como podedes ver aparecen unha nena e un neno espidos, etiquetados coas palabras torturador e vítima. Segundo o fotógrafo, con esta campaña quere plasmar como unha educación equivocada pode marcar a nenos e nenas nun principio inocentes e carentes de todo prexuicio. Segundo el, a educación ten un papel fundamental no desenvolvemento dos roles de nenos e nenas e é nos primeiros anos onde se inculca o xerme do que pode derivar en violencia de xénero. Como podedes supoñer, a campaña provocou numerosas reaccións a favor e en contra. Admítense comentarios.

4 comments:

Oki said...

Pois que comentario facer? Estou totalmente dacorco con que a educación ten un papel importantísimo nos roles de homes e mulleres. Eu penso que a erradicación da violencia (e estou pensando en todo tipo de violencia) pasa pola educación que damos a todos os nenos e nenas. Creo que estas campañas o que pretenden fundamentalmente é que a polémica que se desata faga reflexionar e debatir sobre a custión. Se de todo isto conseguese que unha soa persoa eduque aos seus fillos e fillas en igualdade e solidaridade benvida sexa.

Antonio Martínez said...

Arte, publicidade, denuncia, compromiso social. Grazas por manternos informados.

Anonymous said...

i definitely adore your writing type, very remarkable.
don't give up as well as keep penning as it simply very well worth to look through it.
looking forward to look at much of your current content pieces, cheers ;)

MESTURAS said...

Thank you for your comment. Where are you from? it´s always so encouoraging to have visitors from other countries...

Related Posts with Thumbnails