Monday 10 March 2008

Mulleres do III Reich

Ao fío do Día internacional da Muller Traballadora querémosvos mostrar este curioso documento que atopamos na rede dunha forma totalmente casual e fortuíta. Como podedes ver é a unha colección de fotografías de mulleres que participaron dunha forma activa co III Reich. O que máis fascina do documento é o fácil que resulta atribuír a estas mulleres de forma imaxinaria unha vida totalmente normal e cotiá con pais, maridos, noivos, fillos... supoñemos que así era, en realidade, que unha sociedade deslízase colectivamente e de forma imperceptible cara ao seu lado máis escuro fabricando todo tipo de desculpas e motivos que adormecen as conciencias ata extremos difíciles de crer e soportar. De ahí a importancia dos líderes políticos e das mensaxes que transmiten e tamén a nosa ineludible responsabilidade como cidadáns. Supoñemos que o documento pretende ser unha homenaxe a estas mulleres que nas fotografías aparecen, na maior parte dos casos con caras riseiras e ilusionadas. Por tanto, e para non esquecer as atrocidades cometidas durante este período, animámosvos a ver unhas imaxes do ghetto de Varsovia recollidas na maxistral película de Polanski "O Pianista", que mostran os efectos tan devastadores que tiveron as extremas condicións e a privación severa dos alimentos máis elementales ás que foron expostas as persoas alí recluídas. Estas privacións fixeronse especialmete visibles nos individuos máis débiles e vulnerables: os nenos.
Botade unha ollada para que non esquezamos o que somos capaces de facer e desculpar
.


1 comment:

Oki said...

Imaxes terribles dunha atrocidade que non debemos esquecer para evitar que a repitamos. A historia debe coñecerse e aprender dela. Aínda que a menudo dubido da nosa capacidade de reacción ante o sufrimento e a dor dos que nos rodean...

Related Posts with Thumbnails