Monday 31 March 2008

Panoramas


O verán pasado designáronse as novas 7 marabillas de mundo tras a primeira votación supostamente "global" que no seu momento xa comentamos. Deixando a un lado posibles consideracións sobre a convocatoria e os seus resultados, ofrecémosvos unha viaxe virtual a pantalla completa dos monumentos que resultaron gañadores coa posibilidade de obter vistas de 360º facendo xirar as imaxes. Supoñemos que, en xeral, gozaredes da da visita porque, en xeral, as fotografías son excelentes, se ben hai algunha lixeira distorsión na perspectiva dalgunha delas.

1 comment:

Anonymous said...

Pois si que están ben bonitas estas fotos. Acabo de darme un bo paseo comodamente sentado. Graciñas

Related Posts with Thumbnails