Wednesday 26 March 2008

Profesións respectables

Contemplamos con absoluto asombro esta publicidade da óptica belga Oogmerk. Como podedes observar contrapón unhas profesións a outras en termos de respectabilidade. "Consegue o respecto que tí mereces", di o slogan. Ou sexa, que un carniceiro non é respectable, nin tampouco un condutor de camión, pero si o son un deseñador de moda ou un médico. O que xa é o colmo do descaro é o tratamento dado ao debuxo que representa a única muller da serie, que non está definida por ningunha profesión. O/a publicista limítase a etiquetar como moza fácil, a que non leva lentes, difícil, a que as leva. Antes de publicala démonos unha volta pola rede e o máis preocupante de todo son os comentarios que a definen en diversas bitácoras: xenial, imaxinativa, divertida, orixinal.

Que non nos sorprenda que un grupo de enfermeiras sexan sancionadas por non querer levar uniformes curtos e escotados nunha clínica privada. Levarán ou non lentes? Serán ou non mulleres fáciles?.
Recomendamos visitar sexismo publicitario, a nosa excelente fonte.


2 comments:

Oki said...

Pois que queres? Vivimos nunha sociedade que aínda segue a ser machista, e non so os homes, senon que as propias mulleres as veces fomentamos ese tipo de pensamentos, que é o máis triste. Eu estou cansa de tratar que as miñas alumnas reflexionen sobre este tipo de mensaxes que nos rodean, pero é moi habitual escoitar comentarios como "Bah, non é tan malo profe, non sexas radical" (¡¡¡¡¡¡ !!!!!) Ou ben en relación aos temas das profesións: "Pois que o limpe a limpadora que para iso está" (Claro como ese/a que contesta semellante parvada seguro que a súa nai é directora financeira, ou deseñadora de moda ou doctora...)

E aproveito para darche as grazas pola dirección de "sexismo publicitario" porque vai servirme para traballar co meu alumnado toda esta temática, e tamén vou aproveitala para publicidade e marketing.

MESTURAS said...

grazas por todos os teus comentarios, Oki. A verdade é que o anuncio desta óptica é un bo exemplo dunha publicidade xenial, en termos de efectividade. É imaxinativo, divertido, simple e moi efectivo, o ideal de todo anunciante que se precie, supoño. Os valores que trasmite, ese é o problema

Related Posts with Thumbnails