Friday 6 March 2009

Falando do 8 de marzo: Dedicado a Olga

doctor_&_nurse_1

arquitecto

enfermera

Agora que está próximo o 8 de Marzo, cóntanos a nosa amiga Olga os problemas que ten para atopar ilustracións para o seu alumnado de Primaria nas que as mulleres non desempeñen únicamente tarefas domésticas. Volvemos ao eterno debate:

Reflicten os sistemas simbólicos a realidade a ou máis ben a conforman? Noutras palabras, as imaxes que utilizamos para describir algo, determinan a nosa actitude cara a ese tema? É un sistema de representación causa ou síntoma de determinados comportamentos?.
É indubidable que as imaxes axudan a manter determinadas crenzas e actitudes, colaborando a conformar o noso concepto do que percibimos como real.

Inspirad@s por Olga buscamos información sobre algún estudo que analice, por exemplo, as ilustracións e imaxes predeseñadas dos programas informáticos máis usuais. Atopamos que:

  • Para empezar, existen moitísimas máis imaxes masculinas que femininas, prácticamente, nos estudos consultados, o triplo.
  • O tipo de imaxes presenta tamén diferenzas sustanciais: as figuras masculinas tenden a ter, en xeral, complexións atléticas e están en movemento, as femininas normalmente estáticas, moito máis sexualizadas, sentadas ou ata pousando coma se fosen maniquís.
  • Refórzase o estereotipo implícito de que os homes, en xeral, desempeñan profesións máis interesantes que as mulleres, pois adoitan aparecer en roles que denotan liderazgo: executivos, doutores, arquitectos; tamén en profesións que indican unha forte actividade física: obreiros de todo tipo.
    As mulleres adoitan aparecer en roles que implican asistencia: enfermeiras, secretarias, profesoras.
  • A conclusión é clara: a falta de diversidade real nestas imaxes impide ou dificulta a tarefa de transmitir aos novos usuarios que os roles tradicionais poden e deben cambiar.
    Sentímolo, Olga.
    Tiñas, como sempre, moitísima razón.

    Fonte

    Binns, Jane C
    Branch Robert C
    Gender stereotyped computer ClipArt images as an implicit influence in Instructional Mess
    ages

1 comment:

olga said...

¡Como me gusta acompañar as opinións con DATOS!
Grazas, Charo. Agora mesmo lle paso o enlace á miña amiga Marie, que foi quen me transmitiu o asunto.

Related Posts with Thumbnails