Monday, 3 May 2010

Os traballos do alumnado TIC

O alumnado de TIC realizou durante o presente curso un traballo magnífico que empezaremos a mostrar a partires de agora. Para comezar, esta breve escolma das Andadeiras elaboradas, que presentamos coa ferramenta Issuu. En principio as Andadeiras realizáronse co programa Publisher. No proceso aprenderon a traballar con marcadores sociais, neste caso Diigo, para seleccionar os contidos que consideraban pertinentes. Tamén aprenderon a compartir documentos e información con Google Docs. Para a organización e xestión de todo o  proceso utilizouse a aula virtual do centro.

A primeira serie de Andadeiras ten como finalidade dar pautas para facer boas presentacións en PowerPoint. A segunda serie trata sobre seguridade e boas prácticas no ámbito TIC.

Esta claro que este grupo de alumnado foi quen de atopar e seleccionar o información, traballar de forma colaborativa e organizar e difundir os contidos creados deseñando una maquetación estética e precisa.

Tamén aprenderon cal é a filosofía subxacente á web 2.0 e entenderon a necesidade de establecer boas prácticas tales como utilizar criterios de fiabilidade das fontes  e citar bibliografía e webgrafía.

Lamentamos que non sexa posible mostrar en Mesturas as 14 Andadeiras elaboradas por razóns obvias. Intentámolo pero pesan demasiado. En breve, sen embargo, proporcionaremos a ligazón á Aula Virtual para mostrar todo o traballo realizado.

Dúas Andadeiras pasarán a formar parte da correspondente sección de Educación Documental na web do centro.

Parabéns por este traballo tan ben feito.

Presentacións PowerPoint

Boas prácticas e seguridade no entorno TIC
 

Saturday, 1 May 2010

Historia do Dia Internacional do Traballo

Historia dos mártires de Chicago que daría lugar ao Día Internacional dos Traballadores

Traballemos

Volvemos a publicar unha presentación que fixemos hai xa algún tempo e que mostra a diversidade inmensa do mundo laboral e tamén das condicións tan diferentes en canto a seguridade e dereitos laborais dos traballadores e traballadoras.

Friday, 30 April 2010

O «velo islámico» e o esprai

Magnífico artigo de Miguel Anxo Murado de hai só uns días

Sábado 24 de abril de 2010

A miña avoa Aurelia levaba o velo islámico en Meira, cando ía sachar as patacas. Non era un velo islámico, claro está, como tampouco o é o desa rapariga musulmá de Pozuelo. O velo tapa a cara, e iso non é máis que un pano de cabeza. Tampouco é necesariamente islámico, porque pode levarse por moitos motivos. Esta rapaza, por exemplo, lévao por rebeldía. Rebeldía contra un colexio pijo de Pozuelo. Só é un símbolo de «submisión da muller», como din eses expertos amateurs que saíron de repente, se a muller resulta ser submisa. Senón, non. Tamén o anel de casada simboliza a submisión da muller ao varón, pero acabou sendo un simple costume. O pano de cabeza nin sequera ten significado relixioso en si. Como todas as crenzas antigas, o islam é conservador e moralista, ás veces reaccionario; e igual que para moitos pais é escandaloso que as fillas mostren as pernas ou o embigo, para moitos musulmáns conservadores, homes e mulleres, o cabelo feminino é demasiado erótico para mostralo. É unha cuestión de moral, non de fe. Persoalmente, non me van eses puritanismos, pero non vexo que se poidan regular por lei e, por poñer un caso, facer obrigatorio o topless nas praias ou impoñer por decreto a minifalda en centros públicos.

Mais non son ningún inxenuo, e vostede que me le, tampouco. Ambos os dous sabemos que o debate é insincero, e non ten nada que ver co laicismo nin coa igualdade da muller. É máis simple: unha parte importante da cidadanía teme ós estranxeiros, especialmente ós árabes, e sente satisfacción de ver como se limita a súa visibilidade, coma se iso fose limitar a súa presenza. Moitas destas persoas queren verse como progresistas , polo que se refuxian nunha argumentación laicista que lles permite disimular esta xenofobia. Outros son católicos que, para evitar alimentar precisamente o laicismo, adoptan un feminismo igualmente impostado. Resulta patético nos dous casos, pero a pseudopolémica cumpre tamén unha función terapéutica: permítelles a uns e outros expresar sen medo esa xenofobia que todos levamos dentro (e que tampouco é tan grande como se di ás veces), e reciclala nunha sisuda reflexión sobre os dereitos e deberes do individuo. Ata que veñen os da extrema dereita e pintan con esprai frases de verdade racistas nas paredes do centro de Pozuelo. Daquela, faise un silencio incómodo; como cando alguén ve que lle leron o pensamento. É só entón cando a maioría comprende que non hai alternativa a convivir.

La Voz de Galicia

Thursday, 29 April 2010

Mesturas en Twitter

Imos incumplir, polo momento, a nosa firme resolución de non abrir nin unha conta máis, nin asumir a xestión de novos contidos. Decidimos probar a eficacia de Twitter para a difusión de Novidades . É ben certo que facilitamos unha lista ben completa das novidades máis interesante cada certo tempo, con comentarios. valoracións e imaxes, pero para a promoción inmediata dun exemplar recén chegado á biblioteca pensamos que pode ser este un bo invento.  PODEREMOS RECOMENDAR UN LIBRO CADA DÍA?. Xa vos contaremos.

twitter

Wednesday, 28 April 2010

Eyjafjallajokull

Eyjafjallajokull non é outra cousa que o nome do volcán que causou a cancelación de innumerables voos e o total desconcerto en millleiros de pasaxeiros nos últimos días . Se queredes ver de cerca o causante de todo este descontrol podedes premer nas imaxes para admirar estas dúas espectaculares reportaxes en The Big Picture.

e01_23056097[1]

volcan2

 

E de paso esta interesante infografía que atopamos en ANB

Tuesday, 27 April 2010

Marilar Aleixandre no instituto

Moitos dos nosos alumnos de 1º Bacharelato leron este ano A banda sen futuro, algúns o ano pasado A Compañía clandestina de contrapublicidade ou A Cabeza de Medusa, outros cando estaban en 1º ESO A expedición do Pacífico. A autora destes libros é Marilar Aleixandre que hoxe estivo no paraninfo do Sánchez Cantón. Organizaron o acto a Biblioteca e o Departamento de Lingua G. e Lit. O relatorio foi moi interesante para o alumnado xa que a autora foi debullando moitos aspectos de interese para os lectores dos libros citados e finalmente aclarou as dúbidas que os rapaces lle expuxeron. Temos que lle agradecer a Marilar Aleixandre que se desprazase a Pontevedra e atendera tan amablemente os nosos alumnos e alumnas. 

marilar2marilar1

Monday, 26 April 2010

Unha ferramenta sinxela e útil

Coñecemos Flixtime grazas ao blog de Antonio Alonso. Facemos unha pequena proba para ver o resultado e…voilá. A verdade é que non está nada mal. É doado e deixa insertar música, textos (moi curtos, claro), videos e imaxes. Interesante.  Grazas Antonio.

Saturday, 24 April 2010

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO. PARA QUE LES?

Un curso máis o Dia do Libro.

Esta edición ben merecía un pequeno esforzo extra. Todo comezou, hai xa bastantes meses, coa iniciativa Para que les?, unha interesante reflexión sobre a lectura, que desde o blog da ONG Implicadas no Desenvolvemento,  foi  rápidamente secundada por tantas persoas, entre elas, bastantes dos nosos escritores e escritoras. 103 bibliotecas escolares galegas, nada menos, puxéronse tamén en movemento e de moitas delas empezaron a chegar materiais complementarios e declaracións dos principios lectores do alumnado, as súas familias, autoridades municipais, deportistas, veciños…Contamos tamén coa impagable colaboración de Jaime Eizaguirre, que nos regalou o seu tempo e a súa imaxinación e deseñou para nós os carteis da exposición. Era cuestión de cada centro organizarse o mellor posible para sacar o maior partido a estes materiais tan aproveitables.

Este foi o noso reto e, a verdade, custounos superalo. Resultou ser un camiño bastante longo e laborioso en que moitas persoas, durante horas interminables, recortaron, redeseñaron, deconstruíron e reinventaron os entrañables ”monigotes” de Jaime ata convertelos en parte da súa paisaxe cotiá durante moitos días. Houbo quen transportou enormes caixas de electrodomésticos, reservadas en varias tendas, que aos poucos convertían a biblioteca nun almacén. Outros forraron as caixas sen comprender como algo que, en principio, debería levar non máis de 5 minutos convertíase nunha tarefa moito máis complexa e laboriosa. Tamén houbo que pintar, pegar, volver pegar o que se empeñaba en despegarse e pór a proba a capacidade de invención de varias persoas para converter todas estas enormes e deslucidas caixas en vistosos e luminosos contenedores que convencen a calquera que pase polo seu carón a querer saber as múltiples razóns que  nos achegan á lectura. O amplo vestíbulo do centro está totalmente invadido por estas contundentes e simpáticas presenzas que permanecerán connosco varios días. Grazas ao traballo colaborativo das bibliotecas escolares galegas contamos tamén cunha interesante escolma de testemuñas de persoas pertencentes a moi diversos ámbitos e profesións: deportistas, xornalistas, actores e políticos deixáronse fotografiar lendo e aportan interesantes opinións e preferencias literarias.082

As escaleiras están decoradas coas achegas do alumnado de 1ª ESO que preguntou a irmáns maiores, pais, nais e familiares. Ata temos colaboracións dalgún escritor relevante, veciño de Pontevedra.
Un espazo moi especial do vestíbulo está reservado ao magnífico traballo realizado por alumnado de 4ª ESO para o Salón do Libro infantil e Xuvenil, que nesta edición tivo como tema
a cidade.

Por último, é un pracer informar desde Mesturas do recital poético conmemorativo do centenario do nacemento de Miguel Hernández organizado polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura. Queremos resaltar o papel protagonista, tanto na presentación do acto como no recitado de poemas, do grupo de alumnado que compón “Tinta Viva”, o noso club de lectura. O acto tivo o seu momento culminante cunha magnífica interpretación a capella ,vibrante e chea de emoción, de “Vientos del Pueblo”. Tamén asistimos, a continuación, á tradicional entrega de premios aos gañadores do concurso literario que cada ano organiza o Departamento.
Non faltou a invitación a pastas á hora do café por parte do equipo da Biblioteca e o sorteo de 4 libros entre o profesorado como un pequeno agasallo de agradecemento pola súa colaboración ao longo do curso. Agradecemos moitísimo as múltiples felicitacións de tantos compañeiros e o apoio e os parabéns do equipo directivo. Unha festa do libro estupenda. Estamos emocionad@s. 069_(2)

Queremos agradecer moi especialmente o magnífico traballo de coordinación de toda esta actividade de tantos centros ás compañeiras Loly do Segrel do Penedo e a Olga de Biblioteca Milladoioro Malpica. Grazas tamén polas súas interesantes e valiosas recompilacións que mostramos nesta mesma entrada.
E grazas, como non,  a tantos compañeiros e compañeiras e, sobre todo, ao alumnado do centro por facer posible este día tan especial.

Unha montaxe apresurada con algunhas fotos para que vos fagades unha idea do que acabamos de contar.

 

 

Wednesday, 21 April 2010

Unha vella aspiración

Pois sí, hai tempo que temos o ardente desexo de  ter un escritorio ordenado e relaxante. Imaxinades un espazo limpo onde non hai carpetas nin elementos que distraen a nosa atención?. Para nós é imposible, xa non temos remedio, pero queremos contribuir a tan loable fin con esta fermosa colección de fondos de pantalla, minimalistas e preciosos que podedes utilizar de forma gratuita e sen ningún problema de dereitos de autor. Que os disfrutedes.

Detrás desta idea está Tom Watson, deseñador gráfico para Facebook.

Podedes ver algúns exemplos pero aquí tedes moitísimos máis.

 deftbirds_jpg_295x1600_q85[1]

glasses_png_295x1600_q85[1]
flwr_bkgrd_png_295x1600_q85[1]
hats_png_295x1600_q85[1]

stanley-gribouille-loup_png_295x1600_q85[1]

Tuesday, 20 April 2010

O universo coñecido

Hai apenas unhas semanas, o Museo Americano de Historia Natural colgou na rede este espectacular vídeo, unha reconstrución informática que mostra unha "viaxe" desde a superficie da Terra ata os límites do universo coñecido.
O que fai que este vídeo sexa único e diferente á maioría dos que se fixeron ata agora é que todo o que nel aparece está baseado en datos reais. É dicir, que non se trata dun vídeo "artístico" realizado segundo simples criterios estéticos, senón dunha auténtica reconstrución, peza a peza, de todo o que sabemos sobre o universo en que vivimos.
Todo, desde as traxectorias dos satélites que orbitan a Terra, ata a posición de todas as estrelas, galaxias ou afastados quasares, está baseado exactamente nos datos que, ata agora,  temos sobre cada un deles.

Fonte “El recogedor”

 

Book, un produto revolucionario

 

 

Monday, 19 April 2010

Es de libro

esdelibro Es de libro é unha interesante iniciativa que coñecemos a través do relatorio de Puerto Menéndez, profesora de Matemáticas do IES número 5 de Avilés, durante as últimas xornadas do PLAMBE en Santiago. Desde Mesturas queremos felicitar, unha vez máis, á Asesoría de Bibliotecas Escolares pola organización e o interese e calidade dos diferentes relatorios.

Volvendo a Es de libro. Se visitades o seu portal poderedes pasar un intre moi entretido vendo os traballos premiados das últimas edicións e tamén botando unha ollada ás bases do concurso por se alguén se anima no futuro. Por que non?

O traballo Arte e Matemáticas,  realizado por un grupo de alumnos e alumnas e coordinado por Puerto Menéndez, foi merecedor dunha mención especial polo xurado na edición 2006-07.

Thursday, 15 April 2010

“20 traxes para Europa Deseñadores dialogan coa literatura ".

Lemos en varios xornais que no marco da presidencia española da Unión Europea inaugurouse no Instituto Cervanteas a exposición "20 Traxes para Europa. Deseñadores dialogan coa literatura ". É o resultado  das creacións realizadas por vinte deseñadores de España, Bélxica e Hungría a partir doutros tantos textos de escritores e poetas españois, belgas e húngaros.

Atopamos este video

 

E tamén atopamos o catálogo da exposición por se queredes botar unha ollada

Wednesday, 14 April 2010

Por que non ser sexy aos 7 anos?

Lemos con espanto na web da Cadena Ser que unha popular cadea comercial británica foi obrigada a retirar do mercado unha liña de bikinis para nenas de 7 anos con recheo na parte superior para simular peito a tan tenra idade. Sen dar crédito buscamos información na prensa inglesa e…efectivamente, A cadea Primark vai retirar a citada peza de roupa pedindo desculpas por poder molestar con tan ocorrente deseño a, esperamos, calquera persoa minimamente sensata. Ou non?. O caso é que afirman que dedicarán os beneficios do xa vendido??? a institucións humanitarias. Parece, sen embargo,  que non é a primeira vez que esta cadea sorprende con este tipo de iniciativas. Logo lamentaremos ver  nenas de 10 anos con comportamentos inexplicables a esa idade, estrañaranos ver a confusión e o profundo desagrado que senten  adolescentes e preadolescentes polo seu corpo. En fin que, en xeral, neste e outros temas é curioso o que, como sociedade, ás veces transmitimos aos nosos elementos máis novos. Sempre quedaranos o consolo de lamentar airadamente as consecuencias como se ninguén tivera nada que ver co tema. Podedes admirar o invento.  A idade das destinatarias  é claramente visible

Tuesday, 13 April 2010

Bibliotecas en Auschwitz

 Na segunda guerra mundial, no medio do horror da tolemia nazi, moitos xudeus consumaron un poderoso acto de resistencia. Continuaron lendo. Ocultaron os libros prohibidos que se distribuían entre si. Tamén, nalgúns casos, aquelas obras fluían, como na coñecida novela de Bradbury Farenheit 451, de boca en boca, a través do recitado e o poder da memoria. O ensaísta arxentino Alberto Manguel, a partir dun feito persoal, inicia unha incursión por aquel acontecemento extraordinario, non moitas veces atendido polos historiadores: as bibliotecas ambulantes que sobreviviron no espanto dos campos de concentración como unha afirmación decidida da esperanza. Un símbolo que agroma, do ventre doloroso da historia, do valor dos homes e mulleres que, ata o último momento, loitaron pola súa dignidade
A partir dun libro litúrxico xudeu atopado no mercado de pulgas de Berlín, o ensaísta arxentino Alberto Manguel remonta o circuíto segredo dos libros nos campos de exterminio nazi.

Algúns fragmentos do seu ensaio.

La pequeña biblioteca de Auschwitz: La lectura en las barracas (para ler o texto completo) 
Alberto Manguel

  • Desde la emblemática quema de libros llevada a cabo en una plaza de Unter en Linden, frente a la Universidad de Berlín, en la noche del 10 de mayo de 1933, los libros se convirtieron en un blanco específico de los nazis. Menos de cinco meses después de que Hitler se convirtiera en canciller, el nuevo ministro de Propaganda del Reich, el doctor Paul Joseph Goebbels, declaró que la quema pública de autores como Heinrich Mann, Stefan Zweig, Freud, Zola, Proust, Gide, Helen Keller, H.G. Wells le permitía "al alma del pueblo alemán volver a expresarse. Esas llamas no sólo iluminan el punto final de una era pasada; también echan luz sobre la nueva".
  • Cientos de bibliotecas judías en toda Europa fueron quemadas, tanto colecciones personales como tesoros públicos. Un enviado nazi alegremente informó sobre la destrucción de la famosa biblioteca del Lublin Yeshiva en 1939: "Para nosotros fue una cuestión de especial orgullo destruir la Academia Talmúdica, conocida como la más grande de Polonia. Arrojamos la inmensa biblioteca talmúdica fuera del edificio y llevamos los libros al mercado, donde les prendimos fuego. El fuego duró veinte horas. Los judíos de Lublin se reunieron alrededor y lloraban con amargura, casi acallándonos con sus lamentos. Convocamos a la banda militar y, con gritos vivaces, los soldados ahogaron el ruido de los gritos judíos".
  • Ocho o diez libros conformaban la colección física de la Biblioteca Infantil de Birkenau, pero había otros que sólo circulaban de boca en boca. Cuando lograban evitar la vigilancia, los consejeros recitaban a los niños libros que ellos mismos habían aprendido de memoria en otros tiempos, turnándose para que diferentes consejeros "leyeran" a diferentes niños cada vez: esta rotación se conocía como "intercambio de libros en la biblioteca".
  • En el campo de concentración de Bergen-Belsen circulaba entre los prisioneros una copia de La montaña mágica, de Thomas Mann; un niño recordó los minutos que le asignaban para tener el libro en sus manos como "uno de los mejores momentos del día, cuando alguien me lo pasaba. Iba a un rincón para estar tranquilo y luego tenía una hora para leerlo". Un joven lector polaco, recordando los días de miedo y abatimiento, dijo: "El libro era mi mejor amigo, nunca me traicionaba; me reconfortaba en mi desesperación; me decía que no estaba solo". Es difícil entender cómo los gestos humanos de la vida diaria continuaban aún cuando la vida diaria en sí se había vuelto inhumana; cómo en medio del hambre y la enfermedad, los golpes y la carnicería, hombres y mujeres persisten en rituales civilizados de curiosidad y ternura, inventando estratagemas de supervivencia en pos de un pedacito de algo amado, por un libro rescatado entre miles, un lector entre decenas de miles, por una voz que repetirá hasta el fin de los tiempos las palabras del sirviente de Job. "Y soy el único que escapó sólo para contarles."
  • A lo largo de la historia, la biblioteca del vencedor se erige como un emblema del poder, depositaria de la versión oficial, pero la versión que nos obsesiona es siempre la otra, la voz de las cenizas. La biblioteca de la víctima es la que constantemente formula las preguntas: ¿Cómo es posible? ¿Y qué puede conseguirse con la lectura mientras los libros se consumen entre las llamas? Mi libro de oraciones pertenece a esa biblioteca cuestionadora.

Fragmento de La biblioteca de noche, ensaio de A. Manguel

Fonte Utopia

Deixámosvos tamén estas desoladoras imaxes dunha biblioteca soviética abandonada. Fonte English Russia

Monday, 12 April 2010

Enola Gay

Hai só uns días escoitamos na CADENA SER que morreu en Estados Unidos Morris Richard Jeppson ( na fotografía), un dos técnicos a bordo do Enola Gay no fatídico voo sobre a cidade de Hiroshima

O Enola Gay foi o bombardeiro B-29 que lanzou a primeira bomba atómica utilizada durante a segunda guerra mundial sobre a cidade xaponesa de Hiroshima, o 6 de agosto de 1945. A bomba foi bautizada como Little Boy. O Enola Gay tomou o seu nome da nai do piloto, o coronel Paul Tibbets. Tres días máis tarde, outro B-29, o Bockscar, lanzou unha segunda bomba atómica, Fat Man, sobre Nagasaki. Little Boy e Fat Man foron as únicas armas nucleares utilizadas contra cidades. (Wikipedia).


Orecémosvos Enola Gay o famoso tema composto por OMD EN 1980 para lamentar tan triste acontecemento. Tamén a letra da canción.

Enola Gay, you should have stayed at home yesterday
Aha words can't describe the feeling and the way you lied
These games you play, they're gonna end in more than tears someday
Aha Enola Gay, it shouldn't ever have to end this way
It's 8:15, and that's the time that it's always been
We got your message on the radio, conditions normal and you're coming home
Enola Gay, is mother proud of little boy today
Aha this kiss you give, it's never ever gonna fade away
Enola Gay, it shouldn't ever have to end this way
Aha Enola Gay, it shouldn't fade in our dreams away
It's 8:15, and that's the time that it's always been.
We got your message on the radio, conditions normal and you're coming home
Enola Gay, is mother proud of little boy today
Aha this kiss you give, it's never ever gonna fade away.

 

100 mulleres galegas. Artistas emerxentes

Hoxe retomamos  a actividade en Mesturas para agradecer un fermoso agasallo ao centro de Patricia Núñez Sánchez, coautora do libro 100 mulleres Galegas. Artistas emerxentes editado pola Xunta de Galicia e a asociación Teenses pola igualdade. Sabemos que entre as súas múltiples actividades Patricia coordina brillantemente, entre outros,  o club de lectura do Ensanche en Santiago. É gratificante ver como unha persoa tan nova é quen de desplegar tanta eficacia e xenerosidade  e contaxiar a súa ilusión e entusiasmo. Grazas Patricia.

Tuesday, 23 March 2010

A forza da poesía dixital

Falando de poesía estes días atopamos esta potentísima creación na web do artista e poeta australiano Jason Nelson. Paga a pena curiosear un intre e botar unha ollada as súas criaturas que aparentemente ofrecen ilimitadas posibilidades de interacción cos diferentes sons, cores, textos e toda sorte de inesperadas composicións  que non deixan indiferente ao  sorprendido “lector”.

Sunday, 21 March 2010

Día Mundial da Poesía

Hoxe é o Día mundial da Poesía.

Hai uns días en Vigo Joan Báez sorprendeu a todos con esta preciosidade

Mentres haxa poetas haberá vida..!

 

Friday, 19 March 2010

Día do Pai

padre2 

Está Galicia dispuesta a perder también su lengua tras haber consentido la ruina de sus costas, el deterioro histórico de sus villas, la vulgarización de sus ciudades y la destrucción de buena parte de su medio natural?

Fermín Bouza, prensa do día 19 e marzo de 2010, Día do Pai...

Durante meses estiveron dándolle voltas á agulla de marear polos famosos tres terzos... Agora, de súpeto, esquécese a xenial ocorrencia dos tres terzos e lánzase un discurso de recambio: o do presunto equilibrio. Que pasou co inglés?... pois pasou que se xogaba de farol... mentres na realidade se estaban a recortar os orzamentos das escolas oficiais de idiomas en toda Galicia

Manuel Rivas, prensa do día 19 e marzo de 2010, Día do Pai...

Triste é o cantar que cantamos...

Rosalía, nai e señora.... o día 19 e marzo de 2010, Día do Pai...

Agora cómprevos dicir, mozos da nosa Terra, se pensades seguir indo costa abaixo polo tempo ou encarados co porvir... Cómpre romper a marcha pola mesma estrada que fagamos cos nosos pasos e afrontar nela unha peregrinaxe sen chegada, porque en cada relanzo do camiño agárdanos unha voz que nos berra: ¡Máis alá!

Manuel Antonio, galego e poeta... no día 19 e marzo de 2010, Día do Pai...

Os tempos son chegados...

Eduardo Pondal, no Himno ... no día 19 e marzo de 2010, Día do Pai...

Wednesday, 17 March 2010

Fotografías sorprendentes

Un Einstein moi relaxado en  bicicleta, dirixibles, mozas da Luftwaffe ledas e riseiras…facetas diferentes e descoñecidas dun tempo que xa é historia. Paga a pena

Jeu

Curta de Georges Schwizgebel na que o espectador participa dun escenario mutante en continua transformación que dalgún xeito evoca o  desordenado ritmo das nosas vidas.  Recollido en start watching

Tuesday, 16 March 2010

De Usuahia a la Quiaca

Video do magnífico tema de Gustavo Santaolalla  De Usuahia a la Quiaca, da película Diarios de Motocicleta.

Exemplo de glog: “Balzac y la joven costurera china” de Dai Sijie

Glog como resumo final das actividades e temas que tratamos ao fio da lectura deste interesante libro nas sesións presenciais do club de lectura  “Tinta Viva”

Monday, 15 March 2010

Miguel Delibes no club de lectura “Tinta Viva”

Decidimos en “Tinta Viva” que imos facer propostas de lecturas  entre todos os membros do club: cada persoa ten que estar preparada para defender unha proposta cando rematemos un libro e discutiremos todas ata acadar un acordo.  Estabamos máis que dispostos a acometer a lectura de “Memorias dunha vaca” de Bernardo Atxaga cando a persoa que a propuxo, mandou a seguinte mensaxe ó foro do club:
“Ben, hoxe ás 7 da mañá morreu en Valladolid Miguel Delibes como moitos saberedes. Aínda que só lin unha novela del (que me fascinou, por certo), este feito apéname moitísimo. En resumo querendo facer a nosa humilde homenaxe a este xenial escritor e mellor persoa, David Tilve e mais eu decidimos propor un dos seus títulos para ler no noso clube tales como:
-5 horas con Mario
-El hereje
-El príncipe destronado
-El camino
-Los Santos Inocentes
-La sombra del ciprés es alargada
-Calquera outra novela súa que conveñades oportuna
-Las ratas mellor que non porque xa a lin pero recoméndolla a todo o mundo. Para min é un libro de VERDADEIRA lectura obrigatoria”.
Aceptamos, como non. Na próxima reunión decidiremos que obra de Delibes imos ler.
Admiremos al hombre auténtico de veras,
que sabe organizar su vivir y sus libros,
muy al tanto de todo, sin inclinarse a nada,
porque son tan ajenos
al manantial continuo de gran inspiración;
Auténtico vivir cuajado en escritura
límpida, magistral, y así tan convincente,
un arte narrativo que recrea
campo y ciudad, sus luces y sus ideas,
profundos los paisajes minuciosos,
vegetaciones, hombres, animales,
en medio el cazador”.
*
(Versos dedicados de Jorge Guillén)



 delibes

Thursday, 11 March 2010

Titorial Glog

Informamos a algúns compañeiros das características dos Glogs e están bastante contentos, en principio, coas súas posibilidades. Como comentabamos no post anterior, parécenos unha alternativa moi viable para que o alumnado faga exposicións orais substituíndo ou complementando ás presentacións en PowerPoint. Integra videos, arquivos de son, textos, ligazóns, imaxes, e toda sorte de efectos, fondos e material gráfico.  Compatible con Blogger, proporciona un código html de formato máis pequeno para publicar nun post coa opción de visionado a tamaño completo. Moi intuitivo e dinámico. Gústanos.
Como curiosidade e exemplificación do seu uso atopamos na rede este grupo enteiro de alumnado facendo por parellas pequenas investigacións sobre un mesmo tema utilizando esta ferramenta. Evidentemente os resultados son desiguais e variados, pero penso que é un exemplo moi ilustrativo das posibilidades desta nova opción  2.0 tan aberta e suxestiva.
Abrir unha conta en Glogster e este titorial é todo o que precisamos. Recollimos o titorial en Blog de matemáticas e TIC

Wednesday, 10 March 2010

Xulia

Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.
Vía Eu falo
xulia

Tuesday, 9 March 2010

Ao redor do 8 de marzo: Cartaces e Glogster

Aproveitando a data facemos unha pequena proba en Glogster para ver que tal vai e a verdade é que cun pouco de tempo e paciencia, pódense facer composicións bastante sinxelas de montar con diversos materiais e un resultado moi atractivo. Utilizamos cartaces do portal de Good 50x70, interesante iniciativa que utiliza a creatividade para chamar a atención sobre este e outros temas nunca solventados.

Xa vedes que a montaxe pódese ver a tamaño xigante e  é compatible con case todas as plataformas. Está ben para composicións do alumnado, penso, porque é moi sinxela e permite insertar videos, sons, textos…. Haberá que investigar a versión para fins educativos. Aínda non tivemos tempo.

Monday, 8 March 2010

Voando entre homes

Tedes que escoitar esta gravación  na que a Eva Herrera, unha das 150 mulleres piloto en España nun censo de 6.000 pilotos, fala da súa cotidianidade. Fonte Cadena SER

voando entrehomes

Mensaxe do secretario Xeral da ONU co gallo do Día Internacional das Mulleres 2010

Laura Sáez: Muller Traballadora en Oxford ocupada no Galego, no Toxo e nas Vacas.

toxo

Son moitas as mulleres que andaron e andan na procura de toxo e tamén moitas as que coidan as vacas, pero non adoitamos atopar unha tradutora que se vai aos montes próximos a Oxford para buscar toxo co que engalanar a sala na que Manuel Rivas acaba de presentar a versión inglesa de Os libros arden mal.
A verdade é que mentres por aquí non parecemos poñer moito empeño na defensa do idioma galego por iso de que non é unha lingua global, nun dos templos ingleses do coñecemento, prestixiosos profesores do Quenn’s College como John Rutheford , tradutor ao inglés entre outras obras de El Quijote, ocúpanse de propagar a cultura que agroma en Galicia. Neste labor está a ter como aliada a Laura Sáez quen tampouco esquece as vacas, traducindo ao galego e publicando desde a editorial Patasdepeixe un novo libro para nenas e cativos co engaiolante título de A vaca que puxo un ovo, de Andy Cutbill .
  Non deixa de ser gratificante comprobar os logros que pouco a pouco van acadando as mulleres traballadoras galegas.
vaca

Sunday, 7 March 2010

Ao redor do 8 de Marzo: Mulleres que nutren muros

Queremos falarvos nestas datas das mulleres Meena en Rajastán, India, e da súa arte coñecida como Mandana. Consiste basicamente en decorar colectivamente o chan e as paredes dos seus fogares, prestando especial atención aos muros exteriores dos mesmos co que a súa arte adquire matices moi interesantes ao redefinir os espazos sociais e os roles que tradicionalmente son asignados ás mulleres nestas sociedades rurais, nalgunhas das cales, como é o caso, as mulleres levan a cabeza cuberta cando saen ao exterior.
Tamén fainos pensar de novo na lixereza coa que a miúdo etiquetamos unha manifestación da creatividade  ben como arte ou ben como simple mostra artesanal merecedora, como moito, dalgún estudo etnográfico. Que é, pois, arte?. Por que a creatividade de tantas mulleres foi tradicionalmente ignorada? Por que estas e outras excelentes manifestacións xurdidas no ámbito doméstico e cotián non contan? É arte só aquilo polo que pagamos nunha galería ou admiramos nun museo?. Non pode haber arte de balde? Ten que estar  indisolublemente asociado ao pracer, ao lecer e ao diñeiro? Non pode ter a arte unha dimensión social , non pode haber arte colectiva? Non pode ser efémera a arte? Non pode variar coas estacións, cos acontecementos da comunidade como fan estas mulleres que cambian constantemente os motivos das paredes das súas aldeas?. Elas saben que canto máis fermoso e coidadoso é o seu traballo, vólvese máis fráxil  ao sol, ao vento e a choiva. Aínda así non escatiman esforzos con cada cambio de estación, con cada voda, con cada festival Así nos recordan a fraxilidade da beleza, fálannos do efémero da vida, da morte, da renovación. E sobre todo son a proba de que a creatividade debe formar parte e enriquecer a vida cotiá, non ser un luxo reservado a uns cantos afortunados que xa teñen as necesidades básicas sobradamente aseguradas.
Faise necesaria unha nova e máis ampla definición de arte e as súas posibilidades. Quizais estas manifestacións das mulleres Meena e outras semellantes poidan saír algún día dos seus nichos antropolóxicos e dar cabida a prácticas artísticas máis amplas e liberadoras onde o público e o privado poidan interactuar con máis enriquecemento mutuo.
Deixámosvos  con este documento do libro “Nurturing walls. Animal Art by Meena Women”,  de onde  proceden as ideas arriba expostas.
Nurturing Walls: Animal Art by Meena Women
Copyright © 2008 Tara Books Pvt. Ltd
For the photographs : Madan Meena
For the text: Gita Wolf and Madan Meena for their respective essays
Design: Natasha Chandani, localfarang.com
Production: C Arumugam
Printed and bound in India by AMM Screens


Saturday, 6 March 2010

Thursday, 4 March 2010

O mar de Kuroshio

O chamado mar de Kurosio é o elemento principal do acuario de Okinawa en Xapón. Contén 7.500 metros cúbicos de auga e é o segundo tanque acrílico máis grande do mundo. Ten unhas dimensións enormes 22.5 metros de longo por 8.2 de ancho. As paredes teñen un grosor de 60 centímetros. Podedes ver tiburóns balea e raias como unha das atraccións principais. Pódese descargar aquí un fondo de pantalla. Podedes ver o vídeo en pantalla completa porque ten unha moi boa resolución. O tema principal é “Please don´t go” de Barcelona.


Tuesday, 2 March 2010

Breve Historia de case todo

Simpático  exercicio feito con máis de 2000 sinxelos debuxos  a bolígrafo. Gustounos moito. Moi refrescante.
Atopámolo no Recogedor

Related Posts with Thumbnails