Friday, 18 December 2009

Recomendacións de lecturas

inverno5

Aproveitamos, coma sempre, as vacacións e o final do trimestre para facer as nosas recomendacións de lectura.
Hai unha chea de libros esperando por vós.
Veredes que temos un pouco de todo.

Esperamos que a escolma sexa do voso agrado

NARRATIVA

NARRATIVA XUVENIL E FANTÁSTICA

DIVULGACIÓN

ENSAIO

winter_fairy1

Queremos agradecer aos compañeir@s do IES Afonso X o Sabio de Cambre a súa escolma de materiais que, baixo o acertado título “Desmontando armarios”, nos brinda unha excelente oportunidade para reflexionar e tender pontes, tan necesarias sempre.

Friday, 11 December 2009

Galeano: Un Muro para os fillos das nubes

Falando de Dereitos Humanos, un documento simplemente imprescindible.

galeano

Thursday, 10 December 2009

Contos para os Dereitos Humanos

Dereitos Humanos Bibes Galegas[1] Libertad (Freedom) é o nome elixido para unha antoloxía de relatos baseados na Declaración dos Dereitos Humanos. O título do libro fai referencia ao artigo primeiro da Declaración: Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. Cada autor elixiu un dos trinta artigos que a compoñen como tema do seu relato, aportando cada un o seu estilo.

Nalgúns casos, os autores baseáronse na súa experiencia persoal, como no de Paulo Coelho que con No cárcere de repouso (In the Prison of Repouse) reivindica o artigo 19 (Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión). O chileno Ariel Dorfman tamén nos conta en primeira persoa Pasaxe inocente (Innocent Passage) baseado no artigo noveno (Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado). Tamén podemos atopar a Henning Mankell, Joyce Carol Oates ou Ali Smith.

Amnistía Internacional, organización dedicada á denuncia dos múltiples ataques que sofren os dereitos humanos, foi a encargada de compilar os relatos que compoñen Freedom, publicado pola editorial Mainstream Publishing e que foi presentado no Festival de Edimburgo. Por agora, estará dispoñible en inglés, así que teremos que esperar un pouco a que cheguen as traducións. O diñeiro recaudado será entregado a Amnistía Internacional e todos os autores cederon gratuitamente os seus dereitos.

Fai sesenta anos que a Declaración Universal dos Dereitos Humanos foi aprobada
pola asemblea xeral das Nacións Unidas e, aínda hoxe, aínda é unha asignatura pendente en moitos países e relativizada de xeito moi perigoso no nome dunha suposta seguridade. Así, calquera iniciativa que conlleve a difusión e coñecemento destes artigos é máis que benvida. Sobre todo se vén acompañada de boa literatura.
fonte Lecturalia.

Mentras iso ocurre decidimos en Mesturas que hoxe imos facer a proposta dun marabilloso conto de García Márquez. Falamos de La siesta del martes, un relato que trata dos oprimidos, dos discriminados e da dignidade. Lemos que é un dos preferidos do seu autor e non nos resulta sorprendente. Fixemos esta montaxe con algunhas pinturas do tamén colombiano Fernando Botero. Aquí tedes unha versión para imprimir

 

Tamén atopamos nun suplemento do Times unha versión on-line do suxestivo relato Sola da autora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie, que forma parte de Freedom, a escolma de relatos anteriormente citada. E tamén fixemos unha montaxe con dous pintores deste mesmo país. Sola está en inglés. Animádevos. Versión para imprimir

DEREITOS HUMANOS 09 BLOG

1º Cartel: Biblioteca do CEIP de Pazos
2º Cartel: Biblioteca do  IES Rio Cabe de Monforte

Tuesday, 8 December 2009

As misteriosas exploracións xeográficas de Jasper Morello

Buscando materiais sobre de H.P Lovecraft para a correspondente sección do club de lectura atopo esta marabilla de curta merecidisimamente galardoada e que non coñeciamos. Unha estética incrible sacada dos mundos de Verne con personaxes victorianos e un texto con reminiscencias de Poe. Non podo dicirvos se me gusta ou non a historia porque aínda non a vin enteira, pero non me puiden resistir a subila primeiro. Paga a pena vela durante algúns minutos polo menos. É tremendamente orixinal e tiven a sorte de atopar esta versión subtitulada. Mágoa non ter estes videos disponibles cando traballamos sobre Verne. Podedes ver a primeira parte, pero se vos interesa as dúas seguintes tamén están subtituladas en You Tube

Saturday, 5 December 2009

Biblioteca DOK . Outro concepto.

Non estamos a falar dunha biblioteca "normal". Falamos dun concepto novo de centro da información e do coñecemento. Iso é o que proclama a publicidade e acreditan os seus visitantes que acuden en números cada vez máis espectaculares: espazos fermosísimos de último deseño, servizos impecables eficientes e orixinais, dende bares con cadeiras musicais onde podes gozar da máis completa oferta sonora ata salas con paneis xigantes onde xogar á Wii. Ou se preferes, sempre podes acudir ás habitacións insonorizadas pintadas en cáidas cores vermellas para ler novelas ou estudar en completo silencio.

Instrumentos musicais para que os máis virtuosos practiquen, grandes pantallas extraplanas perfectamente integradas onde consultar novidades bibliográficas, filmografía, exposicións, eventos organizados polo eficiente persoal que parece ter a única misión na vida de que a xente volva e volva de novo.

Ah, e un servizo do máis orixinal: PRESTAN CADROS. Pois si, parece que prestan pinturas aos usuarios. Elixes unha ou varias, podes admiralas na casa un par de meses e logo as devolves. Que vos parece. Deixamos fotos para que, coma nós, morrades de envexa.

DOK Library Concept Center, Delft, Netherlands


Created with Admarket's flickrSLiDR.

Wednesday, 2 December 2009

En defensa de los Derechos fundamentales en Internet

Ante la inclusión en el Anteproyecto de Ley de Economía sostenible de modificaciones legislativas que afectan al libre ejercicio de las libertades de expresión, información y el derecho de acceso a la cultura a través de Internet, los periodistas, bloggers, usuarios, profesionales y creadores de internet manifestamos nuestra firme oposición al proyecto, y declaramos que.free internet access ..

1.- Los derechos de autor no pueden situarse por encima de los derechos fundamentales de los ciudadanos, como el derecho a la privacidad, a la seguridad, a la presunción de inocencia, a la tutela judicial efectiva y a la libertad de expresión.

2.- La suspensión de derechos fundamentales es y debe seguir siendo competencia exclusiva del poder judicial. Ni un cierre sin sentencia. Este anteproyecto, en contra de lo establecido en el artículo 20.5 de la Constitución, pone en manos de un órgano no judicial -un organismo dependiente del ministerio de Cultura-, la potestad de impedir a los ciudadanos españoles el acceso a cualquier página web.

3.- La nueva legislación creará inseguridad jurídica en todo el sector tecnológico español, perjudicando uno de los pocos campos de desarrollo y futuro de nuestra economía, entorpeciendo la creación de empresas, introduciendo trabas a la libre competencia y ralentizando su proyección internacional.

4.- La nueva legislación propuesta amenaza a los nuevos creadores y entorpece la creación cultural. Con Internet y los sucesivos avances tecnológicos se ha democratizado extraordinariamente la creación y emisión de contenidos de todo tipo, que ya no provienen prevalentemente de las industrias culturales tradicionales, sino de multitud de fuentes diferentes.

5.- Los autores, como todos los trabajadores, tienen derecho a vivir de su trabajo con nuevas ideas creativas, modelos de negocio y actividades asociadas a sus creaciones. Intentar sostener con cambios legislativos a una industria obsoleta que no sabe adaptarse a este nuevo entorno no es ni justo ni realista. Si su modelo de negocio se basaba en el control de las copias de las obras y en Internet no es posible sin vulnerar derechos fundamentales, deberían buscar otro modelo.

6.- Consideramos que las industrias culturales necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, creíbles y asequibles y que se adecuen a los nuevos usos sociales, en lugar de limitaciones tan desproporcionadas como ineficaces para el fin que dicen perseguir.

7.- Internet debe funcionar de forma libre y sin interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que el saber humano siga siendo libre.

8.- Exigimos que el Gobierno garantice por ley la neutralidad de la Red en España, ante cualquier presión que pueda producirse, como marco para el desarrollo de una economía sostenible y realista de cara al futuro.

9.- Proponemos una verdadera reforma del derecho de propiedad intelectual orientada a su fin: devolver a la sociedad el conocimiento, promover el dominio público y limitar los abusos de las entidades gestoras.

10.- En democracia las leyes y sus modificaciones deben aprobarse tras el oportuno debate público y habiendo consultado previamente a todas las partes implicadas. No es de recibo que se realicen cambios legislativos que afectan a derechos fundamentales en una ley no orgánica y que versa sobre otra materia

Este texto se publica multitud de sitios web. Si estás de acuerdo, publícalo también en tu blog.

Monday, 30 November 2009

Alguén sabe o que é o famoso Colisor de Hadróns?

“Apenas tres días despois de poñer de novo en funcionamento o Gran Colisor de Hadróns do CERN e de conseguir manter raios de luz en circulación dentro dos seus dous aneis, onte producíanse as primeiras colisións (voluntarias) de partículas no LHC”.

Todos os medios de comunicación facíanse eco da noticia e a verdade é que soaba moi ben aínda que non entendiamos exactamente que nos estaban a contar. Ademais tivemos algún reproche por parte dunha asidua visitante de Mesturas no sentido de que non estamos a facer ningún seguimento do ausnto malia a súa importancia e as súas futuras implicacións. Entendemos que era noso deber ler, e así o fixemos, algún artigo supostamente divulgativo que, na nosa opinión, non divulgaba demasiado ben. A piques xa de tirar a toalla atopamos estes videos tan esclarecedores nos que os propios científic@s do CERN cóntannos o que están intentando facer. Moi ben explicado todo. Agora xa temos unha idea bastante máis precisa. Encántanos a segunda intervención especialmente. Vía
cosasdeciencia.com

Impresionantes imaxes tridimensionais a pantalla completa aquí.

Algunhas moi boas fotos máis nesta ligazón.

Aquí podedes ver o acelerador en formato pop-up.

Sunday, 29 November 2009

Bibliotecas Escolares Galegas na Voz de Galicia

Hoxe vemos como na Voz de Galicia se fala das bibliotecas escolares da nosa comunidade. Coméntase que son un referente para as bibliotecas escolares do resto do estado, e en Mesturas sabemos moi ben que iso é exactamente así porque o vemos e o comentamos cando viaxamos fóra de Galicia.
Recollemos o comentario a estos artigos como o publicaron os amigos do Segrel. Está de máis dicir que estamos de acordo con todas as súas precisións.

Hoxe na Voz de Galicia aparecen catro artigos onde se fala das Bibliotecas Escolares Galegas e o traballo que dende elas están a desenvolver os magníficos profesionais que están ao seu fronte e que fan posible que as nosas Bibes sexan punteiras en todo o estado.
Alégrounos moitísimo ver como dende este diaro se pon en valor a labor que as Bibes Galegas están a facer en prol da lectura e o seu fomento non só entre o alumnado senón entre os distintos membros das nosas comunidades educativas.

"Galicia a la cabeza de España en fomento de la lectura Juvenil
Fálase da experiencia dos clubs de lectura e como exemplo o IES Alexandre Bóveda
e Beni, a súa alma mater, das Mochilas Viaxeiras, e como non, do programa Hora de Ler que tantos e tan bos resultados está a dar non só en centros de primaria senón tamén nos de secundaria.

Benigno Nerga, Coordinador da Biblioteca do IES Alexandre Bóveda (Vigo) comenta sobre o club de lectura:
«Este ano pedíronnos unha lista de a utores punteiros do século vinte, e elixiron para este trimestre a Steinbeck (La perla), Kafka (La metamorfosis) y Camus (El extranjero)» [...] «Xa lles dixemos que con estes autores acabouse o pesimismo por este curso»

Cristina Novoa, Asesora de Bibliotecas Escolares na Xunta, fala da experiencia do Programa Hora de Ler.hora_de_ler
«Mellórase o clima do centro , e como se fai normalmente despois do recreo é unha forma de resolver as tensións. Baixan radicalmente os conflictos»
«Nótase tanto que todos os profesores queren ter a súa clase despois da Hora de Ler»
Carmen Mazaira, como responsable do Proxecto Lectura Silenciosa Sostida no CEIP Pardo Bazán (Coruña), expón:

«...es muy saludable porque supone leer sin pedir nada a cambio, solo como ocio, para pasarlo bien»
«A veces vemos que en otros momentos del día, cuando hay un parón, algunos alumnos sacan el libro de su pupitre y se ponen a leer»

Nós, os docentes ao fronte das Bibliotecas Escolares Galegas, sabemos moi ben onde estamos e o papel que dende as Bibes como dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia se está a desenvolver. Unha Asesoria que sempre vai un paso por diante amosándonos o camiño a seguir e cuxo labor é ben coñecido non só no noso país senón fóra del. Máis xa ía sendo hora de que os medios de comunicación se fixeran eco do importantísimo papel que están a desenvolver as Bibliotecas Escolares Galegas dentro do sistema educativo galego.

Dende O Segrel, os nosos parabéns a Cristina Novoa, Carmen Mazaira e Benigno Nerga, magníficos embaixador@s das Bibes Galegas.

Grazas Segrel. Iso é exactamente o que queremos expresar tamén dende Mesturas.

Saturday, 28 November 2009

Sorprendente New Zealand Book Council!

Desde logo non se queixarán en Nova Zelanda de que non se potencia a lectura desde esta institución. Ademais da campaña publicitaria da entrada anterior, investigamos un pouco e descubrimos unha iniciativa chamada “Read at Work”. A súa finalidade é que a xente ocupe eses momentos da xornada laboral nos que non hai moito que facer en ler. Que tes medo de que o xefe te cache lendo no traballo? Non hai problema: o Consello do Libro de Nova Zelanda creou un sitio web para axudarche. Os usuarios pódense descargar unha chea de libros gratis que teñen o formato de diapositivas PowerPoint co aspecto de ser serios informes económicos. Só un exame moi coidadoso pode delatar ao infractor que le na oficina ou na empresa. Presentámosvos un exemplo da interfaz do escritorio, que imita á perfección a de Windows XP, por se non o creedes.

Publicidad das antípodas para animar á lectura

Campaña do New Zealand Book Council para promover a lectura e difundir a obra dos seus escritores, como este “Going West” de Maurice Gee. Interesante. A que si?

Friday, 27 November 2009

Mis hombres

É o título dun artigo de Maruja Torres no País de hoxe. E está ben. Está ben porque a inmensa maioría dos homes son exactamente así. E tamén hai que contalo. Especialmente nun día como hoxe, despois de todo o publicado.

"De todos los hombres que haya en mi vida, ninguno será más que yo".

    Aproveché el Día Internacional contra la Violencia de Género para reflexionar acerca de los hombres de mi vida que ni son ni han sido más ni menos que yo, y que me han ayudado a ser y a estar. Como me he hecho vieja con relativa sabiduría, y porque a veces les hablo a ustedes en voz baja, me voy a permitir homenajearles en esta columna.

Al hombre que me enseñó a leer y escribir, meciéndome en sus rodillas. Al hombre que me inoculó su pasión por los libros y por la libertad interior de la lectura. Al hombre que me ayudó a cruzar la línea divisoria entre la ciudad y el gueto. Al hombre que cuando me sabía dolorida me decía: "Vuelve a la redacción, éste es tu hogar". Al hombre que me abrió su mundo para que me pudiera pertrechar con alimentos del alma que me ayudarían a salir a la lucha. Al hombre que me acompañó durante diez años, mientras los dos crecíamos sin hacernos más daño que el de los estiramientos rápidos. Al hombre que me dio trabajo diciéndome que yo valía. Al hombre que me dijo por primera vez: "Tú puedes, tú debes". Al hombre que me acompañó en mis duelos. Al hombre con el que hablo de cine y de la enfermedad y la muerte.

Al hombre que vino a mi casa la noche después de aquella en que fui violada, y me hizo el amor con toda la ternura necesaria para que no repercutiera en mí ese involuntario contacto con uno que era menos que cero. Al hombre que se ríe conmigo y hasta de mí y que me permite mantener la fatuidad controlada y la generosidad en improvisación permanente.

De estos hombres muchos están muertos y otros me sobrevivirán. Pero en este corazón tienen su sitio, y ninguno ha dejado de entibiarme la vida durante un solo día.

Va por ellos. Va por vosotros.

Thursday, 26 November 2009

Rematemos con música

E rematamos con esta escolma musical tan suxestiva que tomamos prestada do Segrel.

Wednesday, 25 November 2009

Máis recursos para o 25 -N

Coma sempre as Bibliotecas escolares Galegas movilízanse por estas datas. Presentamos o video dos nosos amigos Trafegando Ronseis a súa exhaustiva recompilación de recursos.
Un traballo impagable que queremos agradecer públicamente desde Mesturas.

“Dende Trafegando Ronseis miramos en derredor. Observamos. Procuramos solidariedade. Choramos. Enfadámonos. Publicamos. Falamos co noso alumnado. Facermos canto poidamos. A nosa meta? Un gran de area, só un gran que contribúa a erradicar unha das nosas teimas.
Mentres non saibamos respectarnos, mentres non entendamos que os seres humanos somos tod@ iguais, non existirá unha sociedade máis xusta. É o noso labor contribuír, procurala. Non desistiremos
.

Unha guía de lectura, unha máis. Grazas, como non, ao PLAMBE:

El abuso sexual de Dra. Patti Feuereisen. Unha de cada catro mozas son vítimas de abusos sexuais antes de chegar aos 16 anos. Moitas mulleres ocultan a súa historia.
Aquí máis literatura e cine.
Aquí máis música.
Aquí información e cifras.

Aquí toparás máis materiais.
E ademais:
Relatos culturais sobre o tema.

As Bibliotecas Escolares Galegas traballan arredor da violencia de xénero:

Aquí a historia das irmás Mirabal.
Aquí información sobre a desigualdade nos libros de texto.
Aquí, aquí, aquí e mais aquí unha de contos.
Unha webquest
aquí.
Muller e deporte
aquí.
Outra presentación sobre muller e publicidade
aquí.
Presentacións de alumnado
aquí.
Humor gráfico
aquí.
Texto de Eduardo Galeano
aquí.
Mulleres no chan
aquí.
Rosana mandounos o lazo do lateral.
Imaxes e carteis.

Cadernos de Vide mándanos unha ligazón para atopar recursos para traballar na escola e na casa chamada "Coeducación".
E Loly Lago desde
O Segrel mándanos esta fantástica presentación:

Parabéns, e...
moitas grazas!!!

Tuesday, 24 November 2009

25 de Novembro

Ante a dificultade de abordar, un ano máis, un tema tan complexo como este, preferimos tomar prestadas varias voces máis autorizadas ca nosa. Queremos destacar en primeiro lugar os elementos gráficos do documento que vos presentamos, e que nos impactaron pola súa calidade. Son obra das artistas que participan no evento “Off the beaten path”, que propón unha reflexión sobre as causas últimas da violencia en diferentes culturas. Algúns dos traballos que aparecen no documento forman parte desta exposición. Outros non están incluídos na mostra, pero o que vimos gustounos tanto, que procuramos máis información das participantes e atopamos algunha que outra xoia, como podedes ver. No documento figuran os nomes de todas e cada unha das autoras.
Os textos están inspirados en dosieres da organización GBV, que traballa principalmente con colectivos africanos. Parecéronnos interesantes porque reflicten á perfección que cando unha sociedade xera violencia, esta afecta e prexudica individualmente a todos os seus membros e á comunidade mesma como ente social. 
Eeste lazo da biblioteca do
CEIP de Pazos

BE contra a Violencia de Xénero[1]

Tuesday, 17 November 2009

Friday, 13 November 2009

Xogo de espellos en Somalia

Sempre hai, como pouco, dúas formas de ver iso tan intanxible que chamamos realidade e que en ningún caso resulta simple ou fácil de definir e analizar. Agora que estamos inmersos nese circo mediático no que entre todos convertemos a retención do Alakrana e as posteriores ameazas de morte aos seus tripulantes, entendendo a difícil e complicada situación pola que pasan todas as persoas implicadas, ofrecémosvos esta curiosa mirada da produtora independente británica Journeyman Pictures sobre os efectos do fenómeno coñecido como piratería nas augas de Somalia.
Se logo de ver o vídeo apetécevos contrastar a información que aparece nos medios habituais con outros posicionamentos menos difundidos, propómosvos un interesante paseo polo blog de Félix Soria. Podedes botar unha ollada aquí. Deixando meridianamente claro que non queremos en absoluto defender a figura destes chamados piratas, nin pretendemos reivindicar as súas accións en absoluto, si pensamos que é necesario engadir algún elemento máis ao debate. Coñecemos a existencia deste vídeo a través do Departamento de Economía. Por suposto que é un excelente punto de partida para analizar e debater en clase un par de temas, polo menos…

Thursday, 12 November 2009

Unha centésima de segundo

Unha fotógrafa deberá tomar unha importante decisión que supoñemos familiar para moitos reporteros que cubren conflitos armados. Que facer ante unha situación que implica perigo de morte para alguén, axudar e implicarse ou permanecer alleo ao que a cámara filma?

Tamén propón unha reflexión sobre a nosa falta de reacción ante o horror cotián que contemplamos cada día desde a comodidade dos nosos comfortables fogares. Volvémonos inmunes? Olvidamos que estamos a contemplar algo real e verdadeiro, algo terrible e inhumano?.

Xa veredes que é unha curta realmente impactante, a cuarta do equipo formado por Susan Jacobson e Alex Boden que anteriormente filmaron Bushido: the way of the warrior, Cracks in the ceiling e Couch conversation.

one_hundredth_of_a_second-cabecera

Wednesday, 11 November 2009

Berlín

Cun pouco de atraso, logo dos eventos conmemorativos da caída do Muro, gustounos especialmente o dossier sonoro elaborado pola cadena Ser no que aparte de pode escoitar unha breve reseña histórica, podemos ter acceso a algunhas entrevistas con persoas que viviron este acontecemento directamente por diversas e variadas circunstancias. Tamén temos unha descrición da cidade no momento actual, o que non deixa ter o seu nterese. Como é Berlín agora, como afectou aos seus habitantes vivir eses acontecimentos tan especiais, que ten esta cidade que atrapa aos visitantes cos seus museos, o seu urbanismo e os seus enormes espazos verdes?
As imprescindibles fotografías da
East Gallery e como fondo musical a sempiterna Marlene Dietrich, Ute Lemper a quen non puidemos ver cando estivo en Vigo e ben que o sentimos e Sascha Schmitz, un dos cantautores de moda.
Para os máis esixentes temos esta escolma de temas musicais
inspirados precisamente na cidade de Berlín. Por algo será…
Aquí están os arquivos sonoros:
.

E aquí tedes unha ligazón a unhas magníficas vistas desde a cúpula da catedral de Berlín , que tomamos prestadas do noso blog amigo Iniciarte , que de paso recomendamos se é que aínda non o coñecedes




Created with Admarket's flickrSLiDR.

Monday, 9 November 2009

HOXE ESTAMOS BEN CONTENTOS!!!

Hoxe estamos no Sánchez Cantón, todo hai que dicilo, ben content@s, coma meniños con zapatos novos. Acabamos de ler a resolución da Convocatoria de Axudas a Proxectos de Investigación, Dinamización e Innovación Educativa das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (Proxectos 2.0), para o curso 2009-2010. E resulta que este ano fomos seleccionados Só unha ducia de centros galegos de ensino non universitario entre públicos y privados. E nós estamos aí. A verdade é que nos alegramos infinitamente porque isto supón un recoñecemento aos nosos compañeiros Marián Costa e Jesús Juanatey que levan anos dedicando horas e horas a traballar as tics. Ben o merecen. Moitos membros do claustro aprendemos con eles a movernos pola rede, a traballar en equipo, a ilusionarnos cos proxectos. Isto supón un empurronciño para seguirmos adiante pelexando por derrubar muros (hoxe que se cumpren os 20 anos do de Berlín), por achegar as novas tecnoloxías á educación.

Parabéns para Marián e Jesús.

Parabéns para tod@s nós.

REDETICS

Sunday, 8 November 2009

Ocaso o amanecer del bibliotecario?

Nesta excelente presentación Catuxa Seoane comparte as súas ideas coas que argumenta a existencia dun novo amencer para os profesionais da información. Se visitades o seu blog podedes ter acceso a máis materiais igualmente interesantes.

Aínda que somos conscientes que temos moitísmo por aprender esperamos ir na boa dirección.

Mellor ver a presentación en Pantalla completa.

Thursday, 5 November 2009

Consumo e o boca a boca nas redes sociais

Gústame este diagrama que acabamos de atopar curioseando pola rede. Resumindo moito vén dicir que as grandes compañías de marketing e publicidade cambiarán en breve as súas estratexias de venda ao detectamarketiing in a post consumer erar que se está a producir un cambio significativo nas tendencias dos consumidores a causa da famosa crise da que non parecemos querer saír, e onde todo apunta a que volveremos caer recorrentemente. Na primeira parte vemos os comportamentos das xeracións anteriores á época de consumo masivo, cando se compraba só o que se precisaba logo de deixarse aconsellar por familiares e amizades de confianza. Eran os tempos da reutilización; a xente encariñábase cos seus coches, a súa roupa, as súas posesións coma se fosen un membro máis da familia. Eran momentos en que todo se pagaba máis ou menos pronto porque había un rexeitamento social xeralizado cara ao endebedamento.

A segunda viñeta é fácil de interpretar. As compañías deben provocar no potencial cliente a necesidade de consumir inmediata e constantemente o máis novo, o mellor, en cantidades masivas. A idea para manter e aumentar beneficios é bombardear sen piedade aos consumidores potenciais para xerar a convicción de que as súas vidas carecen de todo sentido se non participan deste vórtice. Nada se repara, non paga a pena, o adquirido empeza a perder valor no momento preciso da compra. Todo é para desbotar. Todo é de usar e tirar. As débedas son benvidas.

A terceira parte, a máis interesante, mostra a aparición do temor xerado polas actuais circunstancias que fai que se operen cambios nos consumidores aproximando os seus comportamentos aos xa descritos na primeira fase. Imaxinade individuos coa mentalidade dos vosos avós con moitísimas máis competencias dixitais. Estes individuos, interconectados polas redes socias, establecen por fin barreiras de reflexión ante o bombardeo da publicidade. Pregúntanse de novo: realmente me cómpre? non teño xa algo similar en perfecto estado de uso? Teñen sentimentos de culpabilidade por un consumo excesivo. Empezan a valorar as empresas que ofrecen bos servizos de reparación e atención postvenda aos usuarios.
Neste contexto queremos resaltar o interesante e novo papel das redes sociais. Quizais sexa esaxerado dicir que crean realmente opinión, pero amplifican dun modo moi eficaz as opinións de moitísimos usuarios. Poden chegar a desempeñar de forma moito máis eficiente o antigo papel que tiñan os sabios consellos de familiares e amigos que comentabamos na primeira fase. Se é certo que esta é a lóxica evolución, e que vai producir modificacións de condutas duradeiras segundo un estudo aparecido en The Economist, as grandes firmas xa poden redeseñar as súas estratexias de venda. Ante individuos moito máis concienciados, informados, interconectados e responsables, o mercado xa non poderá volver ser o mesmo.

Diredes que non é especialmente novo nin orixinal. Probablemente teñades razón, pero gustoume velo tan claro nestes debuxiños tan ilustrativos.

Resumido, traducido e adaptado de Marketing in a Post-Consumer Era

A la sombra del ceibal

A la sombra del ceibal. Jorge Drexler

Resulta que Jorge Drexler compuxo esta canción para os nenos do Plan Ceibal. Drexler apoiou a iniciativa desde o principio convencido de que o reparto masivo de computadores e o acceso libre á rede desde os colexios públicos implica un cambio extraordinario para as oportunidades de formación dos escolares do seu pais.
Buscamos na rede e atopamos unha información bastante completa en Wikipedia, onde tamén se apuntan algunhas das dificultades para a implantación total do proxecto. É un resumo imprescindible para obter unha información un pouco máis precisa sobre esta iniciativa tan interesante.

Queremos dar as grazas aos amigos de Trafegando Ronseis, que nos puxeron sobre a pista da canción.

Tuesday, 3 November 2009

A Revolución do Plan Ceibal

ceibal

Interesante o artigo de Rosa Montero no País...

Un país pouco máis grande ca Galicia no que todos os rapaces teñen un portátil. É posible, non lle hai que ter medo á informática, pódese facer ... se os uruguaios son quen, por que nós temos que ser menos. Hai anos foron moitos os galegos que colleron o baúl, gabearon polas escaleiras dun vapor e marcharon a Montevideo. A moitos profesores xa nos gustaría agora volver coller a maleta, subir a un baixo custo e ir ver esas escolas cheas de portátiles. Brasil, Uruguai... outra vez veñen as novidades das Américas, como cando os emigrantes traían un fonógrafo, a última moda.

Tuesday, 27 October 2009

Mates con chocolate

Temos a gran sorte de que este curso (e esperamos que moitos máis) está connosco a profesora Espe Gesteira. Non imos dicir nada dela. A mellor presentación é o seu excelente traballo que queda reflectido en toda esta batería de blogs e recursos que pon a disposición do seu alumnado e de calquera que os queira utilizar. Como vedes, toda unha profe 2.0 da que temos moitísimo que aprender.

mateschocolate

Blog de aula de 1º ESO:
Mates con Chocolate

alumnos 2.0

Blog de aula de 2º ESO:
Alumnos 2.0

en_clase_de_matematicas

Blog de Matemáticas y TIC:
En clase de matemáTICas

wiki_de_aula

Wiki de materiais e recursos interactivos de Matemáticas

Monday, 26 October 2009

Beleza letal

Tedes que premer baixo cada unha das imaxes para botar unha ollada a estes mundos tan absolutamente fermosos e fascinantes, gañadores do certame de fotografía científica Wellcome Image Awards. É en certo modo consolador ver como ata as temibles células canceríxenas mostran a súa letal beleza. Aínda que podedes ver as imaxes na presentación orixinal da web do certame, preferimos as que atopamos no blog El cuarto oscuro que nos permiten facer esta montaxe para explicar o que mostran algunhas das fotos que máis nos gustan. A maioría son de preparacións microscópicas pero hai excepcións como a dese sabio doutor tibetano mostrando os seus prezados libros de medicina…

Microparticle-drug-delivery Mouse-liver Aspirin-crystals

Micropartículas de droga sintética

Intestino dun rato

Cristais de aspirina

Lung-cancer-cell In-vitro-fertilisation Sickle-cell-anaemia
Célula con cancro Fecundación in vitro Célula con anemia
Skin-cells-from-a-scald Compact-bone Amchi-Tala-Tibetan-doctor
Células de pel queimada Células de osos Doutor tibetano

Sunday, 25 October 2009

Constelacións literarias

De volta das Xornadas de Bibliotecas Escolares Galegas 2009 admirando unha vez máis a capacidade de convocatoria e a impecable organización, viñamos comentando o acertado da idea das Constelacións Literarias de Guadalupe Jover. Para os interesad@s, atopamos a separata do boletín Libro Abierto 35 publicada polo equipo de Biblioteca Escolar – CREA da provincia de Málaga, onde podemos ter acceso a un excelente exemplo de constelación: “Sentirse raro. Miradas sobre la adolescencia” que podedes descargar premendo na imaxe

constelacións

separata35“ La metáfora de las “constelaciones literarias” ilustra el modo en que, de manera análoga a como se ha hecho con las estrellas del firmamento, se puede también establecer vínculos entre unas obras y otras, por lejanas que estén en el espacio o en el tiempo. Lo importante es, en cada caso, que se hagan explícitos los criterios que lleven a conectar unos títulos y otros: tema, personajes, época, ámbito geográfico, género o subgénero, etc.

La constelación está pensada asimismo para la lectura en contrapunto de textos literarios y no literarios, ya que desde cada área de conocimiento se puede construir un itinerario de lectura que aúne los contenidos de la constelación con los específicos que trace el currículo para dicha asignatura y curso.

En este trabajo colectivo se ha elegido una constelación denominada “Sentirse raro. Miradas sobre la adolescencia” proponiéndose para su desarrollo siete obras literarias interconectadas: Diario de Ana Frank, Hoyos de Louis Sachar, El anillo de Irina de Care Santos, Flores para Algernon de Daniel Keyes, El baile de Irène Némirovsky, Colmillo Blanco de Jack London y Las aventuras de Tom Sawyer de Mark Twain. De todas las obras el lector puede encontrar una guía para la lectura íntegra de cada título.

Para la profesora Guadalupe Jover, coordinadora de los materiales que contiene la separata 35 de Libro Abierto, lo que se ofrece no es una propuesta aislada y excepcional de educación literaria, sino un protocolo -y un ejemplo- de actuación que permita generalizar sus líneas al diseño de otros itinerarios de lecturas” .

Tuesday, 20 October 2009

Andadeiras

Queremos presentar aos visitantes de Mesturas as Andadeiras. Están inspiradas nos Facilitadores, unha idea da Biblioteca da Escola Secundaria de Campo Maior en Portugal . Nós traducímolas, e deseñamos un formato diferente, suprimimos algunhas, de momento, e engadimos outras. Quedan varias Andadeiras máis por incorporar. Entre outras cousas, porque acordamos que o alumnado de TICS de 1º BAC preparará algunhas directamente relacionadas coas utilidades e ferramentas que están aprendendo a utilizar e que serán de moito proveito para tod@s nós. De momento aquí tedes as primeiras. Podédelas consultar, descargar, imprimir... Cónstanos que algún profe xa as está a recomendar. Esperamos que vos axuden.

andadeiras

Monday, 19 October 2009

Linguas e pasos

Outra vez en Santiago, na nosa marabillosa Compostela. Esta vez sen choiva, a pleno sol. Outra vez a manifestarse, a xuntarse, a animarse... para vermos que somos moitosmoitos... para volvermos ás nosas casas e traballos e seguir pelexando día a día polo dereito a usar e defender a nosa lingua. E que teñamos que lle reclamar iso ao noso goberno, si ao de Galicia, parece mentira! Mais é o que hai. Xa o dicía o poeta Díaz Castro, Galicia é como a tea de Penélope, un paso adiante, outro paso atrás. E onte tocou un paso adiante, todos e todas saímos con folgos, con ánimos novos, con ilusión. Non nos imos deixar asoballar polos de sempre, polos mesmo señoritos que xa pintaba Castelao, agora con outros traxes. Non, Mesturas seguirá coma sempre, punto de encontro no noso centro desde a Biblioteca, con humor, con traballo, coas novos tecnoloxías, con amor pola lectura... e faltaría máis, en galego, porque nós tamén queremos galego.

Non deixedes de ler o artigo de Suso de Toro no País

A Quintana ateigada na manifestación de Queremos Galego (Autor: Manuel Vilas)

Rei, da plataforma Queremos Galego, fala na Praza da Quintana (Autor Manuel Vilas)

Manifestacion

mani1

Saturday, 17 October 2009

A vida desde as chabolas

Presentamos este documental dun día a día tan diferente ao noso neste 17 de Outubre, supostamente o Día Internacional da Erradicación da Pobreza, con todas as reticencias que estes días internacionais nos provocan. Botade, sen embargo unha oollada ao documental.
O texto e dos amigos de Trafegando ronseis
Morris é un mozo de Kenia que camiña 4 horas cada día para loitar pola súa nai enferma de VIH. Dipti é unha anciá que apenas resiste o seu xeito de vivir en Calcuta. Elisabeth perdeu os seus fillos pola SIDA e debe sacar adiante os seus 22 netos en Soweto, Sudáfrica... Son algúns dos personaxes que presenta Hernán Zin en "Villas Miseria", unha viaxe que o levou polos maiores arrabaldes de África, Asica e América Latina. Neste documentoal retrata o día a día das persoas que habitan nestes asentamentos marxinais, nos que viven case mil millóns de persoas. Coma o mesmo Zin explica, unha sexta parte da poboación mundial malvive nos chamados barrios de chabolas.O documental é un proxecto de Mundo Cooperante, financiado pola AECID, coa colaboración da Fundación Juan Entrecanales de Azcárate.

Related Posts with Thumbnails